Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas, Cultura, polo cine de Ourense

miércoles, 20 de septiembre de 2017
Vimos de abrir a XXXIX Semana Interacional de Cine de Autor de Lugo, que son moitas semanas de cine, especialmente se temos en conta que os que andamos polo medio comezamos a impulsalas en plena mocidade (estábamos todos nos trinta anos) e andamos agora todos xubilosamente xubilados, entrados nos setenta, idade que se supón non é axeitada para aventuras reais ou imaxinadas.

Cando empezamos, en 1979, coa I Semana, no antigo Gran Teatro, nacía o Ministerio de Cultura, e viña con ganas de facer cousas. Faltaban moitos anos para que Ourense soñara cun festival de cine. Despois do apoio inicial do Ministerio de Cultura, conseguimos incorporar ao Concello de Lugo (eran os tempos de Vicente Quiroga), á Deputación Provincial rexida por Cacharro; á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Consellería do Conselleiro Portomeñe e de Luis Álvarez Pousa, como Director Xeral. Logo veu a Universidade-Campus de Lugo… Caixa Galicia morreu, e tamén a querencia por este cine por parte da nova empresa…

Lugo ten o festival máis antigo de Galicia, pero Ourense acelerou e vai levando todos os triunfos económicos, mentras que nós -que sempre manifestamos e agradecemos que modestamente todos van colaborando para que o cine en Lugo non morra- hai veces que nos quedamos a velas vir.

Este agosto tivemos unha boa noticia: A Consellería de Cultura apostaba polo cine e aportaría 35.000 € ao festival de Ourense, para impulsalo. Nós, que non chegamos á décima parte desa axuda, quedamos agardando -que hai do noso?, preguntamos a Agadic, á Secretaría de Cultura e ao Conselleiro- pola axuda para Lugo. Non soubemos absolutamente nada.

Por iso, o luns, no acto oficial de inauguración da Semana, din as grazas (hai que ser agradecidos) á Deputación de Lugo pola axuda á nosa Semana, ao Concello de Lugo, por estar aí, á nosa beira; á Universidade, polo apoio… e á Consellería de Cultura pola súa axuda á Semana de Cine… de Ourense. Polo menos, a axuda ao cine (e outras moitas que hai para festivais) queda en Galicia.

(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá de Lugo).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES