Nas túas verbas
Santalla, Iago - miércoles, 20 de septiembre de 2017
Digo bidueiro, uva, terra dura,
labrego, Cha.
Digo pobo, historia, lingua,
memoria.
Digo loita, verso, canción, voz ceibe.
Digo Castelao, Bóveda, Reboiras.
Digo soño, patria, utopía tecida.
Digo honestidade, solidariedade,
pensamento crítico.
Digo porvir, futuro, horizonte
estrelado.
Digo identidade, unidade,
orixinalidade.
Digo amor, familia, tenrura,
fidelidade.
Digo crenza, militancia, forza, paz.
Digo muíño, muiñeiro, pan de
emoción.
Digo Galicia, labrego e mariñeiro.
Digo artesán e obreiros.
Digo oficios e digo oficio de poeta.
Digo, digo, digo ata descubrir
Que é imposible vivir esta
identidade
Sen recuncar unha e outra vez
Nas túas verbas.
(Recitado polo autor, no cemiterio de Outeiro de Rei, o 8 de setembro de 2017, no cabodano-homenaxe de Manuel María).
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora