Simonía laica
Xiz, Xulio - jueves, 21 de junio de 2007
Sabendo que opinión pública e publicada non coinciden, eE coñecendo a publicada pretendo percibir a pública, mais difícil de detectar porque hai que valorar resultados, e obter conclusións, para que cando alguén pregunte: ¿Cómo imos?, poder respostar aínda que sexa cun evasivo Pois, xa ves, ¡resistindo!.
En tanto, a nosa intranet, calibrando milleiros de datos, sopesando criterios, valorando posturas, intentando obter resultado científico cuantificable para valorar o momento presente, ven obter o mesmo resultado: Efectivamente, somos resistentes.
Todos os aires parecen soprar contra os que coidamos que a cultura é un valor principal, que os políticos son servidores do pobo, que os partidos mal necesario- trastocan a democracia.
Quédanos a resistencia pasiva: Votamos sen que nos goste, contribuímos aínda que non coidemos xusta a contribución, obedecemos, aínda que estimamos que dun xeito pouco entusiasta.
Cómo imos?. Pois xa ven, resistindo, e estes días peor porque o mesmo que ós decimonónicos lles doía España dóennos os concellos, os manexos, as negociacións, o toma e daca, esta simonía laica que presenciamos, que faría que un Cristo laico (se o houbera) lles dera de latigazos ós que denigran os templos locais da democracia.
Haberá que resistir. A ver quen aguanta mais: Os que temos ilusión polo sistema ou os que desde dentro- se burlan del.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora