Quen di Galiza?
Editorial - jueves, 21 de junio de 2007
Galicia digo eu
Galicia dicimos todos, escribíu Uxío Novoneyra nunha xenial Letanía de Galicia, que nunca soará igual que soaba na súa voz sonorosa e emocionada que parecía sair do máis fondo do seu peito.
Para Uxío e para a inmensa maioría, Galicia é o nome deste país, patria pequena se atendemos á superficie xeográfica, patria grande no corazón, e a maioría de nós non se cuestiona se hai que decir Galicia ou Galiza. Aínda que agora mesmo sexa cuestión a discutir entre as dúas forzas que comparten o goberno autonómico.
O Bng propugna Galiza, e o PSOE quere Galicia. E neso andamos. Como un quere chamarlle Consellarías ós departamentos da Xunta e outro quere manter Consellerías como ata agora se lle chamou.
Están ámbalas dúas forzas a agardar por un dictáme da Real Academia Galega para ver como se debe chamar a nosa terra. Pero por que da Real Academia Galega?, e non da de Belas Artes da San Fernando, do Tribunal Supremo ou do Cabildo da Catedral de Santiago.
Quen ten competencia no nome, na capitalidade, na vertebración do País ven definido no Estatuto, e todo cambio non pode facerse de contrabando ou pola brava senón axustándonos ós cauces legais, ós consensos e ás querencias populares.
Por agora, todos queremos Galicia. Pero podemos cambiar. Convénzannos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora