Centenaria feliz
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de septiembre de 2017
No ano 2000, coñecín a unha señora de 84 anos que nadaba como un peixe nas augas tranquilas e cristalinas dunha praia do Mediterráneo.
Non sei moi ben por que seguramente porque é unha persoa extraordinariamente amable- entablamos conversación.
Víamonos tódolos días na mesma praia e tódolos días tiña algo que decirme.
A min chamábame moito a atención que unha persoa daqueles anos, abriara o seu corazón para contarme a súa vida xustamente a min e non a outras persoas do grupo no que me encontraba.
Debinlle inspirar confianza e un día tróuxome varias libretas cheas de notas, poesías, anécdotas da súa vida, de toda a súa familia
¡UN VERDADEIRO TESOURO!
Foron pasando os anos e a boa da señora cumpriu cen anos. CO GALLO DO SEU CENTENARIO FIXÉRONLLE UNHA GRAN FESTA Á QUE ACUDIRON PARENTES, AMIGOS E AUTORIDADES.
¡Todo un acontecemento!
Boa parte daquelas notas, que me ensinara a min naquelas libretas, moitos anos antes; foron postas nun libro titulado: CEN ANOS DE POESÍA
Unha copia deste preciado libro, foime enviado a min desde máis de mil kms de distancia: a distancia física non rompeu a amistade.
A punto de cumprir os cento un, vímonos de novo.
O brilo da súa mirada é a mesma de sempre: séntese unha persoa feliz, moi feliz e con moitas ganar de vivir.
Preguntarase vostede: a vida desa señora debeu ser un camiño de rosas.
Pois si e non.
Houbo rosas e tamén espiñas.
Si: porque soubo encaixar moi ben os problemas que lle presentou a vida:
-Casou.
-Tivo dous fillos, un fillo e unha filla.
-Coa nora non houbo maneira de entenderse e sufriu moito.
-O fillo morreulle novo.
-A filla sempre foi moi enfermiza e xa leva moitos anos en silla de rodas.
-Coida ela á filla, aínda que esta non lle deixa facer nada; pero faille compañía e outras moitas cousas.
-Leva varios anos camiñando coa axuda dun andador no que leva sabiamente colgada unha bolsa e fai os seus recados.
-Tanto se chove como se quenta o sol; ela sae a dar o seu paseo. Fala con un, fala con outro.
-Tivo un achuchón moi forte cando tiña 98 anos, porque lle flaqueaba o corazón.
O médico díxolle que era cousa dos anos e que non había nada que facer; pero ela optou porque lle puxeran remedio e puxéronllo.
Agora leva un marca-pasos e segue resistindo co bo humor de sempre.
DI QUE ESTÁ TOCADA PERO QUE NON SE DÁ POR ALUDIDA.
Está encantada da vida co seu médico ó que venera e cumpre fielmente as súas orientacións.
TAMÉN SABE QUE NA OUTRA VIDA ESTARÁ MELLOR QUE NESTA; PERO CONFÓRMASE CON ESTAR COMO ESTÁ E NON TEN PRÉSA POR MARCHAR.
Segue así ata que Deus queira.
É unha muller de moita fe.
Eso si: aínda ten a esperanza de ver casada á súa bisneta maior que xa se vai facendo unha moziña.
-Leva conta puntual de tomar os seus medicamentos.
-Bota a súa siesta tódolos días.
-Gústalle moito a praia, pero agora xa a penas vai á casa da praia.
Ten que acompañar á súa filla.
Di que hai que ter entedemento
Confórmase co que a vida lle vai dando: algo de todo.
Ás persoas maiores failles unha recomendación:
-QUE SE COIDEN
-QUE APRENDAN A COIDARSE PARA CHEGAR A TANTOS ANOS COMO TEN ELA
Eu xa tomo boa nota:
Teño que aprender a coidarme.
Non sei exactamente cal é a receita, pero vouno intentar.
Teño unha boa mestra.
A verdade é que persoas así son mestras da vida.
Esta señora é para min: UNHA AUTÉNTICA MESTRA DA VIDA.
Alégrome moito de tela como amiga e quixen compartir con vostede esta alegría de vivir que me inspira unha persoa de cento un anos.
No próximo artigo escribirei algo sobre a XENTE NOVA, porque tamén a hai moi boa e precisamos relevo xeracional.
Moitas grazas por terme na súa consideración.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora