Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XXXIX Semana de Cine de Lugo

martes, 12 de septiembre de 2017
Mediado setembro, os lucenses temos desde hai case catro décadas unha cita co Cine con maiúsculas; con ese cine identificado como “de autor”, que nos fai pensar, que nos fai coñecer e descubrir novos horizontes vitais, e sobre todo que nos fai entrar en novas dimensions cinematográficas por adentrarnos nun sinnúmero de experiencias e mensaxes que fan cada vez máis nova a máis nova das recoñecidas como belas artes xa tradicionais.

Se miramos cara atrás, sentimos o vértigo da distancia, da profundidade do tempo percorrido nunha arela que nos marcou desde os tempos máis mozos aos involucrados nesta aventura. Se miramos cara adiante, temos a incerteza, o descoñecido. Non no aspecto creativo ou cinematográfica senón nas dificultades que sempre tivemos para afrontar a aventura, acrecentadas por esa historia interminable (mellor se fóra a cinematográfica) que por descoñecida e imprecisa, demos en chamar “crise”.

No ano dezasete do século vinteún, facemos –aínda que as condicións do traballo de colleitar non sexan as máis propicias- colleita abondosa de títulos que poder ofrecer, e drástica escolma porque os límites establécenos o tempo e a economía, de xeito que ofrecemos aos lucenses un abano de posibilidades cinematográficas que coidamos van acaparar a súa atención, e facelos soñar…e pensar, que entendemos forma parte das nosas obrigas como organizadores e das necesidades dos espectadores.

Benvidos ao cine grande, ao cine que mellor nos inspira, ao cine que os lucenses agardan. Vivamos o cine, e que sempre o cine viva!.

(Xulio Xiz é Presidente de Fonmiñá, entidade organizadora da Semana de Cine de Lugo)

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania