Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O San Campio de Fazouro

martes, 12 de septiembre de 2017
O 17 do actual, terceiro domingo do mes, celébrase en Fazouro unha das tradicionais romarías focegas, enmarcada en fermoso paraxe , beira do río Ouro, próximo á desembocadura, pasadas tres pontes que dan ó panorama un singular engado e vistosidade.

Romaría procede de Roma e designaba a peregrinaxe dos católicos á Cidade Eterna. A palabra acabou aplicada á viaxe a calquera santuario da cristiandade, consagrados a diversas advocacións, ou os que se erguen na honra dos distintos santos; tal é o caso de San Campio, que sufríu martirio o ano 306 e foi soterrado nas Catacumbas de Roma e trasladados os seus restos a Galicia, ó parecer en 1795; oito anos mais tarde chegaba unha reliquia a Fazouro.

En Tomiño, Pontevedra, existe un nomeado e espléndido santuario de San Campio de lonxe, ou do monte, que data de 1804. A éste, que foi soldado, encomendábanse os rapaces cando ían para o servizo militar e, sobre todo, para o fronte dalgún conflicto bélico.

As supersticións e curas miragrosas con frecuencia aparecen como razón de existir de certas romarías, ás que en tempos acudían profesionais que exercían a función en base á recomendación que decían ter co santiño que patrocina o santuario motivo da romaría.

Alvaro Cunqueiro, no delicioso libro Escola de menciñeiros conta, por exempro, cómo Leivas de Vereda, curandeiro famoso, nunha ocasión acompañou a unha viuva de Folgoso ó San Alberte de Baamonde. A boa da muller presentaba un cadro clínico ben curioso: escupía grans de millo, que non metera antes na boca; todo o vía de cor vermella e quedábase afónica.

Cando San Alberte deu a mirada a Leivas; é decir, prestoulle atención, e o curandeiro pasou ó santo o nome e doenzas da romeira, pedindo a súa curación, San Alberte meneou a cabeza, e dixo ó curandeiro: -- ¡Coño, Leiviñas,tamén me traes cada caso…!

As romarías teñen, en xeral, as orixes en peregrinaxes por devoción; neste caso, pola reliquia do Santo. Hai pois unha razón relixosa, á que se engade outra lúdica, que se traduce en festa popular, sempre acompañada de abondoso xantar, xenerosas libacións e bailes.” As romerías, como as festas e mercados – escribe Taboada Chivite na “Etnografía de Galicia” – son, amais de testemuño de piedade e degoro relixoso, lugares de reunión e convivencia social.

Tres elementos pois, conviven no mundo da romaría: un sustrato relixoso que empurra ós crentes ir á ermida ; un impulso que leva as xentes ó campo do festexo popular, e un pretexto para reunirse unhas horas de lecer. O San Campio de Fazouro responde a esta tipoloxía.

Da concurrencia á mesma deixou constancia Lence-Santar, cronista oficial de Mondoñedo, con estes versos: “…vendo polo setembro/ ir de troula á romaría/ do San Campio de Fazouro/ a toda a novez da Mariña…”.

(Suso Fernández é Cronista Oficial e Fillo Predilecto de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES