Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reclaman a intervención das administracións para salvar os frescos da igrexa de Guitiriz

martes, 12 de septiembre de 2017
A igrexa parroquial de Labrada, en Guitiriz, non tiña gran sona até os anos noventa. Do templo románico, reconstruído no século XVIII, nin daba conta manual ningún nin guía turística e non recibía visitantes de fóra da parroquia. Pero iso cambiou cando, ante o deterioro experimentado pola cal das paredes que fora aplicada no século XVIII, procedeuse a retirar esta capa que cubría a pedra orixinal do templo. Daquela apareceu un amplo conxunto de frescos murais, aseguran que do século XVI, e dun gran valor, que comezou a atraer a atención de visitiantes e investigadores
Reclaman a intervención das administracións para salvar os frescos da igrexa de Guitiriz
Porén, dende entón pouco se fixo para asegurar a súa conservación. A veciñanza e o párroco de Labrada xa elevaron hai dous anos unha voz de alarma ante o deterioro que, principalmente por mor da humidade e das filtracións de auga, comezaban a experimentar as pinturas. Agora, de novo, o párroco Luís Ángel Rodríguez Patiño vai iniciar unha campaña, para demandarlles ás administracións, en concreto ao Ministerio de Cultura e á Consellaría de Cultura, Deputacion , que interveñan para salvar este patrimonio. A campaña reclama tamén que as pinturas murais sexan declaradas Ben de Interese Cultural (BIC). Rodríguez Patiño asegura que “as nosas pinturas murais están moi malferidas, polo que se non se lles axuda axiña, imos quedar sen elas”.

A primeira fase da actuación proposta por un equipo técnico , consistio na colocación dun canalón perimetral ao tellado do templo que recolla as augas da superficie do mesmo e a escavación dunha gabia perimetral externa acaroada aos muros da igrexa que permita a evacuación das pluviaus e evite o ascenso da humidade dende o solo vexetal ao interior dos muros. Así mesmo, tamén atañen foi arrexuntado das pedras que conforman os muros e a escaleira con morteiro de cal para evitar as filtracións ao muro sur onde se atopan as pinturas máis danadas pola humidade.
Reclaman a intervención das administracións para salvar os frescos da igrexa de Guitiriz
As pinturas son de estilo renacentista, pero con influencias do estilo gótico hispano-flamenco do século XV. Entre elas, destaca unha representación do inferno, na que un conxunto de diaños cociñan as almas dos pecadores dentro dunha gran pota, mentras que outros condenados agardan o seu castigo. Tamén hai representacións de Santiago Matamoros, Santa Margarida, San Xurxo, San Cristovo, do martirio de San Sebastián, do bautismo de Cristo ou de San Xoán Bautista.

Como párroco denuncio a “falta de protección” destas pinturas (humedades e a suciedade) facendo referencia ao artigo 46 da Constitución Española sobre a garantía de conservación e promoción do enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobo de España e dos bens que o integran por parte dos poderes públicos.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES