Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Políticos no paro

martes, 19 de junio de 2007
Estes días moitos políticos deixan os seus cargos, e algúns ingresan nas listas do paro. Porque a situación do político que accede a un cargo é perfecta se ten unha praza en propiedade e lle queda reservada en tanto manteña a situación activa na política. Pero esto só sucede cando o político ten un posto na Administración do Estado ou organismos oficiais. Cando a empresa privada anda de por medio a situación é máis complicada, e o máis común é compatibilizar o desempeño do seu posto de traballo co cargo político.

Pero hai políticos que tiveron na política o seu primeiro traballo, ou deixaron outro traballo pola política. E ahí sí que xorde o problema do paro ó deixar o desempeño dos cargos oficiais.

Para que poidan cobrar o paro os que queden nesta situación deben ter sido membros dunha corporación con dedicación exclusiva durante alomenos seis anos , ou pagar de golpe todas as cotizacións que deberan ter aboado á Seguridade Social.

Non serán moitos os que cumpran estas condicións, e o único que cabe pensar é que despois do seu desempeño das funcións municipais sexan máis apetecibles para empresas privadas que saiban valorar experiencia en altos cometidos de goberno público.

Hai estatutos para altos cargos pero non para a Administración local, e é dubidoso que en algun momento se chegue a prever solución económica para os que nunha ou varias lexislaturas desempeñaron cargo nalgún dos trescentos quince concellos galegos (máis de oito mil en toda España), que aínda que o problema exista e sexa importante, todo o que entra en política sabe que é un reino efímero, e o que hoxe é pan e circo mañá pode ser silencio.

Sic transit gloria mundi. É tempo de cambio e renovación. Se aprendemos algo dos cambios, mellor para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES