Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fala, mudiña!

sábado, 09 de septiembre de 2017
Cando eu era neno, na miña aldea dos Quintairos había unha muller maior que, lamentablemente, non lembro cómo se chamaba nin a qué familia pertencía.

Era miúda, como eran tódalas mulleres da miña infancia. Vestida sempre de negro, coa res corcobada e cun grande pano na cabeza que a miúdo non lle deixaba ver os marcados riscos da súa curtida faciana, andaba sempre de acá para acolá camiñando sempre de vagariño, semellando que a súa vida acontecía a cámara lenta. Pero, sobre todo, camiñaba sempre en silencio.

Camiñaba sempre en silencio porque era muda, a primeira persoa muda coa que me encontrei na vida e pola que sentín unha certa compaixón infantil, porque co doado que me era a min falar -ou berrar, incluso-, non daba entendido que podía acontecer no seu interior para que nunca pasase de emitir uns sons case imperceptibles e sen a máis mínima vocalización. Pero por riba de todo, o que si que non daba entendido era como, sen falar, era quen de ser entendida polos meus avós e polos seus veciños.

Lembrei hoxe -onte, para vostede- a aquela señoriña, despois de ir seguindo pola rede, case minuto a minuto, os tristes e vergoñentos -non creo que se lle deba impoñer ningún outro adxectivo- acontecementos que sucederon no Parlamento de Cataluña, onde se produciu o asalto máis patético e palpable á democracia dende os tempos da dictadura franquista.

Lembrei á mudiña da miña aldea, ó pensar na gran maioría da sociedade catalá, é dicir, niso que chaman a "maioría silenciosa", que supoño que nestes intres estará vendo con moitísima máis preocupación ca nós o vertixinoso devalo ou a catastrófica deriva cara a onde a están arroxando os seus representantes políticos.

Non sei por qué, porque ademais nin sequera a vin -ou se a vin, non lembro moi ben os seus fotogramas-, pero denantes da nebulosa imaxe da mudiña dos Quintairos, veume ó maxín o título desa película de Manuel Gutiérrez Aragón, coma se me saíse un profundo desexo ata o de agora non sentido,semellante ó que sentía de neno cando lle escoitaba á miña vella veciña aqueles sons engrolados que me pedían no interior botarlle unha man para que a través deles acabasen saíndo palabras.

"Fala, mudiña!" Isto é o que teño botado en falta eu, sen saber sinceramente cal é a explicación de por qué esa maioría silenciosa ou esa sorte de pensadores ós que agora chaman "equidistantes" non se pronunciaron denantes, cando sabían que a deriva collía o camiño do precipicio.

É certo que unha parte da sociedade española que pensa que España e Madrid e o resto é ermo, ten parte de culpa. Pero. non me negará que o mutismo co que a maioría silenciosa catalá ten vivido todo este proceso, non debe sentirse responsable de termos chegado ó punto sen retorno no que estamos hoxe en día.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES