Tempo de declararse
Editorial - lunes, 18 de junio de 2007
Estamos en tempo de declaracións. Para declararse sempre é tempo, porque non depende da climatología nin do calendario xa que todo o ano é primavera. Pero para as declaracións de Facenda, é agora tempo propicio.
A historia ou tradición destas declaracións non é máis longa que a democracia, que o Rexime anterior prefería os impostos indirectos e así todos soportabamos por un igual as cargas sobre a gasolina, sobre o consumo en xeral. Agora, ademáis dos indirectos, temos especialmente os directos que polo menos son á medida dos nosos ingresos co que teñen moito máis de xustos que os indirectos.
Facenda procura facilitar o traballo dos declarantes e remite ós domicilios con antelación unha proposta de liquidación en base ós datos que figuran nos ordenadores oficiais, e mesmo posibilita a confección de declaración nas súas oficinas a cargo de persoal especializado no tema.
Pero nin siquiera a Facenda é infalible, e os borradores poden ter erros que os colexios de xestores e economistas directamente afectados polo tema recomendan revisar para evitar o que ven ocorrendo de que douscentos mil galegos dous de cada dez contribuíntes- paguen de máis nas súas declaracións.
Declarémonos, pero conscientemente, axustándonos á realidade. Que ben está pagar o que corresponde, pero nin un euro máis.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora