Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sinceramente, xa fede!

jueves, 07 de septiembre de 2017
Se agora lle pregunto, benquerido lector, así en seco, se sabe quen é Vicente Guillén, estou seguro de que lle pasará exactamente como me pasou a min e a non ser que teña familia por alí e lea habitualmente os xornais que se publican naquela Comunidade, dificilmente me poderá responder que é o conselleiro da presidencia do Goberno de Aragón.

Sen embargo, hoxe mesmo, o "Diario de Teruel" recolle unhas declaracións súas nas que se fai eco dunha problemática coa que estou seguro que vostede se sinte intimamente identificado.
"No podemos luchar contra la despoblación sin implicarse todas las administraciones", afirma o representante institucional aragonés, falando de problemas que nos afectan tamén ós de Ourense.

Se pola contra lle preguntase se sabe quen é Manuel Moya, tampouco me sabería dicir que e ó alcalde zamorano de Fermoselle, quen, en "La Opinión de Zamora" de hoxe mesmo, amosa a súa indignación "por el recrudecimiento del fuego, que no dudó en calificar de intencionado", con motivo do incendio de nivel 2 que está a arrasar unha boa parte da fermosa comarca xeográfica dos Arribes del Duero.

E se lle requirise que me dixera algo de Claudia de Santos, abofé que tampouco me sabería indicar que é a concelleira de Patrimonio Histórico e Turismo do Concello de Segovia e que, segundo tamén hoxe recolle "El Adelantado", está de actualidade porque esta fin de semana celebraron con grande éxito -como seguro saberá o meu vello amigo ribadaviense, Antonio Míguez Amil- as decimo oitavas xornadas da cultura xudía.

En se a pregunta que lle fixese fose arredor de José García Molina, por máis que hai unhas semanas si que andou o seu nome polos informativos nacionais, de certo que tampouco me diría que é o novo vicepresidente da Junta de Castilla La Mancha, o lider de Podemos que decidiu entrar no goberno de Gercía Page e que, segundo "La Crónica" de Guadalajara, "xa andan á procura da porta de saída, nada máis entrar no goberno".

E, xa para rematar este singular inquérito, se a cuestión fose saber que é "GoEuro", silencio sería a resposta no canto de me responder, tal como informa "El ideal" de Almería, que é unha plataforma alemá dedicada á organización de viaxes, que -para envexa de moitos- vai incluír a cidade andaluza na súa ruta turística polos escenarios de "Juego de Tronos".
Chegados aquí, do que si estou completamente certo é de que se calquera destas informacións pasase por diante da súa mirada había reparar nelas, porque en maior ou menor medida abordan asuntos que tamén son do seu interese.

Sen embargo, abra o xornal, acenda a televisión, conecte o móbil ou o ordenador a calquera informativo, o primeiro que verá será a palabra Cataluña -que, sinceramente, xa fede!-, coma se non houbese outra nube baixo o sol.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES