Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Onde está a felicidade?

jueves, 07 de septiembre de 2017
A verdade é que todos queremos ser felices.
Todos facemos o posible por ser felices.
Todos imos en busca da felicidade.
Pero…
¿Onde está?

Hai quen di que a felicidade completa nesta vida é imposible.
Temos momentos vividos moi felices; pero …
¿Quén non atopa contratempos nalgún momento da súa vida?
Ninguén.
Tódalas persoas pasamos por momentos máis ou menos críticos ó longo da vida; pero aínda así procuramos buscar unha maneira de vivir que se acomode mellor coa nosa maneira de ser.

HAI QUEN BUSCA A FELICIDADE NO TER:
-Ter saúde en primeiro lugar.
-Ter cartos.
-Ter poder.
-Ter boa reputación social
-Ter unha vivenda digna nunha cidade.
-Ter unha casa na beira do mar e outra na montaña.
-Ter…

HAI QUEN BUSCA A FELICIDADE NO SER:
-Ser boa persoa ante todo.
-Ser un bo membro para a familia.
-Ser un bo veciño.
-Ser un bo profesional
-Ser unha persoa amable, unha persoa servicial, unha persoa educada….

-HAI QUEN BUSCA A FELICIDADE NA CONFORMIDADE:
-Confómase con ser como é.
-Confórmase con ter o que tén.
-Confórmase con máis.
-Confórmase con menos.
En calquera caso, confómase e acéptase.

Ben, pois nunha ocasióin atopeime por casualidade cunha persoa adulta duns cincuenta anos máis ou menos, que optou –ou tivo que optar- por vivir nunha cabana, nun alpendre situado nunha montaña.
-Sen luz.
-Sen auga.
-Sen mobles.
-Sen outra cousa máis que un habitáculo que coida con cariño, onde garda tódalas súas pertenzas:
-Bastantes fotos pegadas na parede.
-Unha cociña de butano.
-Algunhas prendas colgadas nunha silla.
-Unha especie de mesa chea de notas.
-Un taburete cun mullido coxín no seu “depacho”
-Algúns obxetos de papiroflexia feitos por el mesmo, pendurados nunha especie de exposición.
-Algunhas cousas máis -non identificadas por min- que seguramente lle serán de gran utilidade.
Diante da cabana había unha especie de porche feito por el; onde descansaba tranquilamente un gato nin moi gordo nin moi fraco e paseaba relaxadamente unha unha galiña branca.
Tamén había outras cousas que eu non sei describir…
Tiña móbil pero pasaba días sen poder comunicarse porque tiña que desprazarse á vila máis próxima –a un cinco quilómetros- para cargalo.
Para beber e cociñar collía auga no río; pero ós amigos dálles auga embotellada.
Para a hixiene persoal me parece que non precisa auga.
O aspecto externo era bastante desaliñado; pero a conversación era correcta.
Según el, era “un creador” e non estaba só porque se sentía acompañado polas prantas e polos animais.
Noutros tempos vivíu nunha gran cidade; pero prefire a natureza coa que se sente totalmente integrado.
Dixo que vivira nove anos casado e agora vive só; pero gustaríalle atopar unha muller.
¡Qué teña moita sorte!
Tamén quere ensinar papiroflexia ós nenos nos colexios.
Tamén lle desexo moita sorte porque lle vai facer moita falta.

A primeira vista, non parece que tivera moitos motivos para ser feliz vivindo naquelas condicións; pero aínda que pareza mentira, VÍASE UNHA PERSOA FELIZ.

A min impresionoume moito e deume que pensar; pero –pasados uns días- souben que hai moitas persoas que optan por vivir nestas condicións.
E… ¡Pásmese vostede!
Seica son persoas moi intelixentes, proceden de familias moi ben situadas e optan voluntariamente por unha vida desta maneira.
¿Compréndese?
Eu non o comprendo; pero para elas a felicidade consisite neso.

NINGUÉN PON EN DÚBIDA QUE O IMPORTANTE É SER FELIZ.

Tamén me encontrei con outras persoas que se senten moi felices pero con outra maneira ben diferente de vivir.
Chamoume a atención de modo moi particular a felicidade dunha señora centenaria, á que eu califico como:
“A CENTENARIA FELIZ”

Este será o título do seguinte artigo.

Antes de rematar, quero dar grazas á vida polo moito que me ensina, polo ben que me trata e por poñer no meu camiño persoas de tódalas condicións socio-culturais porque de todas aprendo moitísimo.

Tamén quero darlle as grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES