Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cofradía do Capón de Vilalba

viernes, 15 de junio de 2007
Hai cousas que a un lle costa traballo asimilar, aínda que ten que afacerse a elas. Sexa por mal ou por ben. Neste caso por ben.

Xantar capón no mes de xuño, coas calores que fixo parece que o corpo non o comprendía, pero agora xa sí, despois da xornada do pasado día 8, celebrada en Lugo, na que a “Cofradía del Capón de Villalba”, creada en Madrid polo avogado vilalbés Domingo Goás Chao, oficiou unha sesión gastronómica en Lugo.

A min invitoume Domingo pedindo que lle dixese cantos iamos ser. E eu respondinlle que un, e xa non había queixa. Logo resultou que no Mesón de Alberto nos xuntamos vintecatro degustadores de capón, entre os que estaban avogados, empresarios, directores de grandes superficies, xornalistas, e algúns vilalbeses. Entre os vilalbeses, o Alcalde e tres compañeiros do concello, García Leira e a súa dona, o dono do desaparecido Bar Regio e máis eu.

Domingo Goás tense convertido nun apoloxista, Apóstol do capón, e leva celebradas doce comidas co capón como punto de referencia, e aínda lle faltan outras tres este ano.
É o que lle fai falla ó noso capón, unha perfecta operación de relacións públicas no exterior para que a ben gañada sona que ten dentro do noso País, se extenda urbi et orbe.

Porque se a acción de Domingo Goás e o seu equipo este ano se aplica en Galicia, Madrid e outros lugares de España onde habitan galegos en número significativo, o próximo ano vai dedicarse a facer similares xantares nas embaixadas de España no exterior, para internacionalizar producto e celebracións.

Pasando ó motivo central da xuntanza, comemos capón de dous xeitos diferentes… Un deles, á maneira tradicional, como sempre se preparou. E outra, de xeito especial, cociña nova con materiais de sempre, creación dun fillo de Alberto García, preparado somente con anterioridade para a voda de seu irmán.

O capón foi un pretexto perfecto para a xuntanza. Que comezou ás dúas e media da tarde e rematou ás sete e media porque decidimos que era cumplida hora de poñerlle remate. Comezamos en tres mesas, e acabamos nunha soa, convertida nun reducto vilalbés na que se falou de todo, tamén do capón é verdade, pero especialmente da Vilalba de sempre, de anécdotas ou historias, de cousas que pasaron hai moito tempo, e que algún día haberá que escribir para que non se perdan, e que na actualidade quen queira saber do pasado, poida facelo.

Eu comprometinme a escribir un artigo que se titulará “Pilar Chao e Pepucha Leira”, as miñas referencias inesquecibles da Vilalba de hai medio século. Estas dúas vilalbesas, as nais de Domingo Goás Chao e José María García Leira, merecen lembranza pública, e eu estou comprometido a lembralas e fareino.

Benemérito traballo o de Domingo Goás, Presidente da Cofradía do Capón, que invisteu como cofrade de honra a Alberto García, do Mesón de Alberto. Amigos así véñenlle moi ben ó capón, a Vilalba e ós vilalbeses, e das súas accións beneficiarémonos todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania