Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lidar co tráxico

lunes, 04 de septiembre de 2017
A nivel individual, D. Miguel de Unamuno, é un bo exemplo de lidador co tráxico da vida das persoas humanas, e tamén, máis ou menos sutilmente, coas situacións loitosas que afectan as sociedades. Bastante disto nos ofrece a lectura contextualizada das súas obras, especialmente, “Del sentimiento trágico de la vida”. El pelexa desesperadamente contra a mortalidade do home de carne e óso. E, neste empeño, da primacía a un certo voluntarismo vitalista sobre un racionalismo de matiz lóxico, para poder verse libre de atrancos loxicistas, nas posibles solucións.

Por suposto, as traxedias individuais teñen repercusións sociais; pero as traxedias propiamente sociais comprometen estruturas socio–políticas e individualidades, como, por exemplo, a Explosión Radioactiva en Chernobyl, o Holocausto Xudeu, a Peste Negra, o Xenocidio Armenio, as Purgas de Stalin, etc., e na actualidade está adquirindo dimensións mundiais o Terrorismo Iihadista.

Do breve apunte de Unamuno e da lembranza das traxedias da humanidade ao través da historia, podemos obter algúns presupostos para abordar os recentes eventos terroristas en Barcelona. Considero especialmente o enfoque lóxico ou voluntarista dos mesmos, e as innovacións que se producen, ou acompañan incluso cando son de modalidade natural, como a Peste Negra, que azoutou case todo o Continente Europeo na Baixa Idade Media, e a desaparición da man de obra barata reduciu as explotacións agrícolas e desencadeou unha necesaria innovación para cubrir as necesidades primarias. Incluso hai estudosos que din que catalizou o Renacemento. E isto lévanos a considerar non só un voluntarismo innovador, senón tamén un emprego de medidas lóxicas moi ben contextualizadas: RACIONALIDADE E SENTIMENTALISMO COMO COMPLEMENTARIOS.

Moitos destes avatares históricos son provocadas polo home, pola irracionalidade predominante nas decisións políticas e as insaciabilidades económicas, emboutadas dun voluntarismo ideolóxico que rompe con toda complementariedade lóxica, difíciles de controlar cun tratamento adecuado. Pero as inmediacións dos eventos permiten situalos nos distintos contextos, e desta maneira calibrar as actitudes racionais e razoables cun necesario voluntarismo nas decisións gobernativas e políticas.

O recente ataque terrorista de Barcelona, na miña modesta opinión, foi unha desgraciada ocasión de evidenciar a incompetencia, duns, e a saída das cloacas, doutros, asomando a condición carraxenta nada menos que nun ámbito do século XXI. Os primeiros converten a parsimonia nun recurso da prudencia e da proporcionalidade, esquivando consecuencias que eles mesmos co–propiciaron, e non parecen decatados da incongruencia cos atrancos dos segundos, que están entregados a unha declarada actitude “anómica”, dentro do que todo se presenta como válido e correcto, xustificando calquera medio que os leve a perseverar nun poder capaz de tender opacidades sobre calquera responsabilidade, e ao amparo dun certo estruturalismo disolvente das individualidades; pero inventado á medida dos obxectivos propostos.

Non vou entrar en detalles acerca dos comportamentos duns e doutros; pero tampouco comparto a afirmación do Sr. Presidente do Goberno de España de que tanto el como o Xefe do Estado, na Manifestación de Barcelona, estaban onde debían estar, flanqueados polas “estreladas” e nun acto político que desnaturalizou a esencia do que se celebraba, nun ambiente tenso, con contención exemplar duns e arrebato esquizofrénico doutros. Esperamos as innovacións!!!.

As nosas primeiras autoridades “estaban onde debían estar”?. Non me considero capacitado para emitir unha opinión nin tan sequera relativamente aceptable, sobre todo considerando o que fixeron as autoridades doutros países en análogas circunstancias, que tampouco brillan en demasía as súas ocorrencias dunha intelectualidade competente. Pero o caso de Barcelona esixía unha decisión especial do Goberno español para reforzar a presenza do Estado, e ademais non esquecer algo que debía ser formulado en común, polo menos, na UE: EVITAR A LEDICIA QUE EXPERIMENTARON, SEN DÚBIDA, AS XERARQUÍAS DOS TERRORISTAS POR PODER OFRECERLLE AO SEU DEUS UN SACRIFICIO TAN EVIDENCIADO NUNHA MANIFESTACIÓN COMA A DE BARCELONA. E, aparte do gozo que lles produce o éxito dos seus plans belicosos, sumemos a isto o efecto catalizador nas operacións de captación de adeptos.

O de Barcelona foi verdadeiramente espectacular; pero é dubidoso que as vítimas recibiran por ese medio o necesario sosego e conforto, rifado cos ritualismos diplomáticos. Certo é que as traxedias sociais arrastran sempre serias e dolorosas consecuencias individuais, e esixen respostas dende unha e doutra perspectiva; pero o voluntarismo aplicado sempre debe ir precedido dunha racionalidade que o encadre dentro das diversas circunstancias en que se producen os feitos tráxicos, e nunca como unha simulada deferencia por resposta ás inoportunas provocacións, incluso xustificadas cos habituais e infundados amparos de quen está sempre disposto a estender con evidente cinismo o manto da democracia a situacións que non o afectan a el, para non perder a ocasión de presentarse como portador de todas as solucións, malia a incapacidade para disfrazar a expresión de “anonadado” que non pasou desapercibida para a perspicacia.

Que desgraza, amigos lectores, comprobar a esterilidade da Historia en persoas de elevada responsabilidade!. Que desgraza verificar a certeza do que dixo Juan E. de Hartzenbusch: EN ESPAÑA É HEREXÍA TER SENTIDO COMÚN!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES