A propiedade, máis propia
Editorial - viernes, 15 de junio de 2007
O sentido da propiedade é tan acendrado en Galicia que os nosos devanceiros cifraban a pobreza en non ter onde caerse morto.
O reparto da propiedade en minifundios contentou a millóns coas pequeñeces propias desa distribución, que evitaba para o noso país as miserias económicas doutras partes do territorio hispano onde a concentración da propiedade nuns poucos privaba á maioría dun mínimo soporte físico laboral e vital.
Hogano a propiedade manifestase en pisos ou parcelas, chalets ou leiras, campos ou empresas, sobre os que temos ademáis da propiedade un sentido de achegamento directo e persoal, case amoroso, entrañable e harmónico que fai que a propiedade en Galicia sexa algo sagrado para un mesmo e para os demais.
Que a Xunta elimine o imposto de sucesión nas vivendas e reduza ó un por cento o de transmisión de negocios familiares é un gran avance para as nosas xentes que veñen dedicando a vida a laboral e a outra a procurar un patrimonio que poida ser transmitido ós descendentes.
É unha boa noticia para todos, independentemente das propiedades que un teña, porque este país vai funcionar mellor e con máis xustiza cando os bens cambien de man, por herencia, sen perxudicar a ninguén, acrecentando ese sentimento da propiedade que contribúe e moito tamén ó progreso de todos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora