Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poesía en feminino

lunes, 04 de septiembre de 2017
Así se chama a iniciativa que a Concellaría de igualdade de San Sadurniño organiza para o dia 16 de setembro ás 18:30 no pátio do prazo municipal um recital poético musical no que ten unha importante participación a poesía chairego.

Varias das persoas integrantes da Nova Poesía Galega achegaranse a San Sadurniño para participar neste evento que ten como finalidade visibilizar a creatividade literaria feminina e o seu compromisso pola igualdade e contra a violência machista.
Poesía en feminino
Ao evento asistirán da NPG Nova Poesia Guitirica, Xelo Teijido, Mar Beres, Pas Veres e Antón de Guizán así como os vilalbeses María Xosé Lamas, e Martiño Maseda, a poeta do rural de Quiroga Ana Vila Portomeñe e a pontesa Silvia Pardo Galdo. Tamén estará a poeta de Labrada, Luz Campello Garcia (NPG) que ademais de ser unha profesional no ámbito do social tamén acaba de publicar “Inventario do prohibido" no que se fai unha chamada á igualdade real entre mulleres e homes.

Todos e todas traerán os seus versos ao patio interior da Casa do Concello, onde tamén poderemos escoitar as interpretacións da nativa de San Sadurniño Noreia Hermida Pérez ao piano e a frauta traveseira. O acto pecharao a cantautora Sandra Tenreiro e como peche contaremos coa actuación da profesora de Guitiriz co seu último traballo "InfuSons".
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES