Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dos medos ao irrenunciable

miércoles, 30 de agosto de 2017
Desta vez tocounos a nós. Acertaron traxicamente os prognósticos e a cidade de Barcelona aberta ao mundo, ceibe e intercultural ficou baixo a pouta do fanatismo o xoves 17 de agosto. A mesma Barcelona que o pasado 11 de febreiro celebrou un concerto polos refuxiados baixo o título de "volem acollir" (do que falei nesta fiestra).

Un (que afortunadamente non ten coñecidos na traxedia) dóese, láiase e sobre todo cústalle entender porqué atacan a quen quere acoller... pero meténdose na mente perversa, retorcida e retrógrada do pensamento único xorde a idea de que, para eles, somos todo o que o sometemento, o autoritarismo e a intolerancia non pode consentir. Este é o seu problema.

O noso problema é moitísimo máis complexo, tendo que xestionar o medo, a dor e a rabia no marco moral e xurídico dos valores sobre os que se asenta a nosa democracia. Renunciar a este marco é ceder. Entón, que podemos facer? Un non ten a resposta pero está claro que protexerse e defenderse das agresións no mesmo intre no que se están a producir nunca será unha traizón aos nosos valores. Neste sentido, a palabra e a unión cidadá tórnanse nunha poderosa arma de porvir que Barcelona soubo resumir de novo nun poderoso lema: "no tenim por". De novo todo un exemplo.

Agora ben, como podemos manter os nosos valores sendo solidarios co exilio do fanatismo e, ao mesmo tempo, defendernos xuntos das súas poutadas? Se este dilema ten unha solución xusta e damos con ela o noso tempo converterase nun fito de ouro no curso da historia. Un fito que quizais precise compoñer un lema que, a xeito de propósito colectivo, podería dicir: "Volem acollir. No tenim por".

Finalmente, todo o apoio e cariño ás vítimas, aos seus familiares e á cidade solidaria e acolledora de Barcelona. Coa liberdade, sempre coa liberdade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania