Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da historia normanda

viernes, 25 de agosto de 2017
(Do noso arquivo). Os días 1-2 e 3 de setembro actual, celébrase en Foz a VII Festa Normanda, efeméride histórico/ lendaria que entronca coa mais soada das tradicións populares da bisbarra.

En 1976- hai 41 anos-, publicaba este cronista o seu primeiro libro – “Guía Histórica e Artística de San Martiño “- , que era tamén o primeiro que saía do prelo sobre a devandita igrexa.

Cando nos afanábamos recopilando datos da mesma, na vella biblioteca parroquial dimos cun vetusto documento que, extractado, dí: “el más notable, al que el pueblo canonizó como Obispo Santo, fue un Gonzalo cuya existencia se centra en el S.IX, sin que se pueda precisar los años en los que gobernó la diócesis, pues la información es debida a la tradición oral, sin documentar, lo que motivó que algunos dudaran de su existencia…”.

O Padre Flórez, en“España Sagrada,” refirese á personalidade deste Gonzalo e, en 1715, faino o bispo de Mondoñedo, don Manuel Navarrete. En vello documento,medio carcomido polo paso do tempo, poidemos ler, referido á milagre das naves normandas ou “drakars”( barcos mais veloces e preparados para navegar polo océano Atlántico) que usaban estes tamén chamados “salteadores de bahías”, que víñan a roubar as iglesias e habitantes, e a extinguir a fe que profesaban… “ no fiando la defensa a las fuerzas humanas se valió de las divinas y, desnudos los pies y con una cruz a cuestas, ordenó una procesión…”, ata chegar ó alto da Grela, dende onde implorou ó Noso Señor a súa intervención, que se consumou; e, rezando avemarías, afundíronse as naves, unha a unha, “quedando todo el pueblo ,y aún todo el reino, lleno de admiración por el prodigio…”

¿Pode darse por real este feito?. O cronista omite todo xuizo de valor, xa que de tratarse, como algúns dín, “de unha cuestión de fe”, e posto que ésta é algo personal e intransferible, cada quen que administre a súa…

Para nós a hipotética polémica non ten interese e apuntámonos á coñecida sentencia: “se non é vero é bene trovato”; e nos preguntamos se, no seu caso, a imaxinación, o humor e o enxeño non son valores a ter en conta…¡disfrutemos deles...!

(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo predilecto de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES