Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 24 de agosto de 2017
Soñando cunha aguia

Déitate coa cara lavada e así poida que soñes coas ás dunha aguia. Iso pensou Saturnino Saleroso Mormo, porque levaba tempo sen ver unha aguia e intuía que ó lavar a cara todo Pingas de orballoiría sobre rodas. O caso é que non sabía de onde sacara esa idea. Hai tres días cando estaba a facer unha andaina pola carreira das Pedradarcas creu ver unha aguia e nunha centésima de segundo véuselle á mente o de lavar a cara para deitarse. Saturnino Saleroso Mormo ás veces non rexía ben. Iso dicían os veciños, claro. Pero xa sabemos todos o que se di dunha persoa cando fai ou pensa algo raro. Ou o que é o mesmo, cando non chove a gusto de todos, dicimos que é por culpa de Saturnino, O Apaiolado. Menos mal que o pobre Saturnino aguanta todo o que lle boten. Sempre aguantou. Algúns veciños aínda se rin e se mofan cando se tirou tres días seguidos diante da xunta das vacas alá polo Piual porque o seu pai lle dixera que non se movera ata que el volvera. O seu pai foi por tabaco e embarcou para as Américas. É certo que hai veciños que non teñen conciencia.

Paxariños na cabeza

Quero voar por entre as carballeiras de Baños de Molgas pero deixei as ás na Tapada Nova e a esperanza posta nun niño de rula nas Lagoas. Non queda outra que subir ó burro de Pingas de orballoSalustiano Monsergas e percorrer o camiño de ida e volta ata o monte Medo. Alí, xa coas ás postas, collo velocidade pola chaira de Vide e desde o borde mesmo do Outeiro do Corno emprendo o voo para sucar, para fender as leiras de Tras das Poulas. Á altura dos Lamas soño con tres vacas e unha infancia, a miña infancia. Dicir os Lamas é dicir tardes de partir o lameiro a cachos para que o outono durase e perdurase. Ó pasar polos Poulos vexo os momentos nos que oito ou nove simples regos te mantiñan baldado durante un anaquiño de tempo. Intento aterrar na Pitediña para que o ruxerruxe do río Arnoia me amodorre e suspire para pasar ás Mestras e, alí, observar os carballos centenarios nos que se pousan os paxariños que teño na cabeza. Houbo nenos que, en tempos moi pasados, viviron grazas a que se inventaron uns soños. Paxariños na cabeza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES