Venturosos os ricos
Editorial - miércoles, 13 de junio de 2007
Polo menos en Galicia. Boa ventura teñen os trinta e oito mil galegos que teñen máis de douscentos mil euros e entran na categoría de ricos, dignidade que moito leva cambiado desde o tempo en que ser millonario supoñía ter un millón de pesetas e ser considerado un potentado.
Ese nivel dos douscentos mil é o primeiro chanzo da riqueza, estando nun segundo (entre douscentos mil e cincocentos mil euros) arredor de vinteseis mil galegos. Entre cincocentos mil euros e tres millóns hai máis de once mil galegos. Arredor de 750 entre tres e dez millóns. E 69 de máis de dez millóns de euros. É case imposible facerse á idea da significación dese poderío económico.
Un estudio da división de banca privada do Santander facilita estes datos sobre os galegos venturosos, da bonanza de que disfruten, de que as súas fortunas non deixan de medrar, de que están entre nós.
A virtude especial que teñen os bens, os cartos, é a posibilidade de facelos traballar, de facelos render, ou de disfrutalos gastándoos.
Pero a virtude destes capitalistas é a de ser conservadores, non arriscar, non facer traballar eses patrimonios.
Hai moitos anos o pobo chamaba ricos cochos ós que herdaran o seu patrimonio e non facían máis que conservalo. Aboguemos pola limpeza dos patrimonios para que xeneren riqueza para os seus propietarios e para toda a comunidade.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora