Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Irimia, 40 anos despois

martes, 22 de agosto de 2017
Xa superado o ecuador do verán e encamiñándonos cara o outono, o gurgullar penetrante do Miño volve a convocarnos a peregrinar ao Pedregal de Irimia. É a chamada máxica da Nai Terra no santuario máis senlleiro do noso país, no berce do pai dos nosos ríos... Impactounos o seu misterio fai agora 40 anos, cando participamos alí na I Romaxe de Crentes Galegos convocados por aquel profeta vilalbés, Pepe Chao Rego, que ao berro: “Eu renazo galego” mergullounos na mística telúrica desta paisaxe.

Aquela comuñón foi persoalizandose e actualizandose cada volta máis intensa en cadaquén, mesmo festexando as medras do Miño dende Irimia ata a Garda mareira, e así dende fai 5 anos, nos comezos do outono, un tempo pródigo en froitas partilladas xenerosamente, a Irmandade Manuel María, Xermolos, a Asociación Avelino Díaz, coa colaboración do Concello de Meira..., tamén celebramos a Festa de Afirmación e Dignidade no Pedregal, entregando as “mans de Irimia” obra do artista meirego Manolo Pardo.

Si o ano pasado estreitamos estas mans con Ricardo Polín, o voceiro e cantor das nosas árbores e camiños, arestora do “Calvario dos mártires” de Montecubeiro e coa familia de Pepe Chao, ao pé da ara de Prisciliano, o sábado 23 de setembro, honraremos a Herminia Estoa e Daniel López Muñoz, animadores e axentes activos desa primeira romaxe. Ela de Riotorto, loitadora a prol da igoaldade, e él sociólogo vigués pero afincado naqueles anos na Muimenta chairega onde traballaba no Colectivo Galego do Menor... Nesa Romaxe artellouse a acta de nacemento da Asociación Irimia que coa enerxía das canles fluviais espallouse por toda Galiza abrollando en ducias de actividades que reverdeceron o país e en corenta romaxes que nos foron descubrindo os espazos máis significativos das comarcas que integran Galiza, dun xeito itinerante á semellanza do Miño que vai irrigando as paisaxes dos nosos eidos.

Daniel e Herminia foron presidente e segredaria da Asociación Irimia entre 1983-88 e tamén arestora son valedores deste rexurdir das nosas esencias, él na primeira liña de acción e ela intervindo dende a caste gloriosa das e dos bos e xenerosos.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES