Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ay Meirás, Meirás

miércoles, 23 de agosto de 2017
Entre toda a polémica xurdida a raíz da xestión das visitas do pazo de Meirás, lembreime do gran Sergio Vences de quen tiven a honra de ser alumno no primeiro ano de carreira. Quen lea isto, tendo a sorte de compartir a miña honra, lembrará un home profundamente anárquico nos feitos e na organización das aulas; tratábase dunha anarquía doce que non gardaba ningún prexuízo a un alumnado que quería ao xeito socrático.

Nunha ocasión chegou e, sen mediar palabra no corredor, sinalou a un alumno e díxolle: "Usted, ¿Quién era la condesa de Pardo Bazán?" A resposta era tan evidente que se fixo o silencio ata que alguén dixo "¿Emilia?" Daquela o profesor deu un brinco de ledicia e contounos: "ya lo decía Doña Emilia <> ¡y miren en qué manos cayó!" Hoxe Vences estaría, sen lugar a dubidas, ao lado dos que piden á devolución do pazo ao pobo.

Cousas da vida! A propiedade dunha auténtica revolucionaria (defensora dos dereitos da muller) rematou en mans dun dictador e do seus herdeiros... coido que tivo que doerse na súa campa do cemiterio de Meirás...

Observando a historia e tendo en conta que existe unha "Casa museo Emilia Pardo Bazán", hoxe sede da RAG, Meirás deberíase reconverter no espazo libertario no que a escritora abriu camiños de luz.

O que non podemos é apoiar a difusión de ideas que as democracias avanzadas consideran delito e, ao mesmo tempo, situarnos ao seu carón.

Pola miña parte seguirei engaiolado na lembranza e na poesía libertaria do meu querido profesor Vences.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES