Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo ten un por que

lunes, 21 de agosto de 2017
Entendo que a traxedia de Barcelona sexa dura de asimilar, pero cada día que pasa estámoslle aplanando o camiño ós yihadistas a base de sacala nos medios unha e outra vez, unha e cen veces. É o que eles queren, o que eles querían. Penso que ante estas situacións deberiamos dar tan só a noticia, e punto.

Houbo un atentado, tantos mortos e xa está. Iso por un lado. Agora vou coas incongruencias, e aínda que levante vinchocas. Porque toda acción, toda situación ten un por que. Por que o terrorismo?, por que os atentados? Fartámonos agora de chorar, de insultar, de baduar, pero non somos capaces de pensar, só que sexa un pouquiño, nos pés de Aznar sobre a mesa de Bush. "Aquellos polvos traen estos lodos", non di así o refrán?

Tamén, por que agora estades todos cos cataláns cando cinco minutos antes os odiabades porque se querían independizar? Si, xa sei; a solidariedade. Pero como dicía alguén na tele: en Europa van máis de 100 mortos, pero fóra de Europa hai que colocar dous ceros máis e ninguén pon crespóns negros, nin garda minutos de silencio, nin realiza actos de homenaxe, e a pesar de que tamén son persoas, ata pode que incluso mellores persoas porque, lembrade, cinco minutos antes odiabades ós cataláns, non eran boas persoas.

O mesmo día do atentado, nun café oínlle a un home dicir que el tiña a solución: uns tiros na caluga e listo. Iso pensarían tamén os yihadistas cando medio mundo lle bombardeou a súa terra. Ollo por ollo, dente por dente, non di así a Biblia? Estou contra todas as mortes violentas habidas e por haber, estou coas vítimas e coas familias das vítimas, coas vítimas e as familias das vítimas de todos os lugares do mundo, incluso o mundo árabe. E sigo dicindo por que hai mortes violentas? Todo ten un por que.

Este atentado, coma os outros levados a cabo polos yihadistas tamén teñen un por que. Para min, un por que que se fraguou entre uns cantos países poderosos por uns certos intereses que todos intuímos. Así de simple. Agora páganas os inocentes polos delincuentes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania