Soneto a Díaz Castro
Fernández Abella, Xoán Xosé - viernes, 18 de agosto de 2017
SONETO A PROL DA CONSERVACIÓN DA CASA DE XOSÉ
MARÍA DÍAZ CASTRO, CON REFERENCIA Á SÚA OBRA
POÉTICA GALEGA E CASTELÁ.
Temos que conservar todos o templo
que é para nós a casa de Díaz Castro,
poeta interesante, grande astro,
que en "Nimbos" ten o seu máis alto exemplo.
"Un paso adiante e outro atrás, Galiza"
cantou, sentindo á Terra en todo instante,
expresando de xeito moi vibrante
aquilo que o seu estro poetiza.
Non hai en castelán súa obra completa
e si canto escribiu no noso idioma.
Sen dúbida foi "Nimbos" a súa meta,
o seu triunfo total, no que retoma
certamente ós senlleiros, cal poeta,
e no que Deus, con gran frecuencia, asoma.
Os Tilos, 14/Agosto/2017
Fernández Abella, Xoán Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora