Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Botémonos a imaxinar

jueves, 17 de agosto de 2017
Cada persoa vive a súa propia realidade o mellor que pode.
Cando estamos ben, levamos unha vida máis ou menos tranquila, vivimos cun nivel de vida aceptable e NON SEMPRE SOMOS CONSCIENTES DO BEN QUE ESTAMOS NIN DOS PROBLEMAS DO MUNDO QUE NOS RODEA.

Se de vez en cando dedicáramos un tempo a pensar noutras moitas persoas que o pasan realmente mal, seguramente teríamos uns sentimentos máis humanos.

Poñámonos por uns instantes na pel doutras persoas que están pasando por momentos duros:

POÑÁMONOS NA PEL DUNHA PERSOA QUE TEN QUE EMIGRAR:
-Ten que abandoar o seu fogar, instalarse onde poida; a veces nunha casa con dereito a cociña, outras compartindo habitación, outras….
-Ten que amañarse por si soa porque se atopa soa nun mundo decoñecido. Se lle pasa algo: ¿A quen recorre?
-Te que aprender unha nova lingua, non se entende coa xente, non pode entablar unha conversación…
-Os amigos quedaron na terra natal, agora toca abrirse un novo camiño.
-Os ingresos son insuficientes a todas luces, ten que pasar moitas privacións, quizais fame.
-Todos a miran como unha persoa extranxeira que non ofrece confianza, aínda que pode ser unha excelente persoa.
-A súa mente está sempre na súa terra, na súa familia, nos seus amigos de toda a vida….
¡Canta dor!
¡Que pouco valoramos a vida dos emigrantes!
¿Onde está a nosa solidariedade?
¿Onde está a nosa hospitalidade?

--POÑAMONOS NA PEL DUNHA PERSOA QUE SOFRE UNHA ENFERMIDADE GRAVE:
Unha persoa que viviu alegremente toda a vida, sen maiores complicacións; de repente atópase ante unha enfermdade grave…
-Cáeselle o mundo encima.
-Ve todo negro.
-Non sabe como asimilalo.
-Dóese da súa familia….¡Canto a quere!
-Quere ocuta-la gravidade a toda costa, pero non pode.
-Pode ter dor, pero o sufrimento é maior.
-O personal sanitario explíxalle o que debe facer…
-¿Merecerá a pena?
-¿Haberá solución?
-¿Canto haberá que padecer?
-¿Resistirá esta dura proba?

A todo esto, a familia vaise enterando, os parentes tamén, as amistades igual, os veciños outro tanto.
Todos está aterrados, non saben que dicir.
Algúns pensan que é mellor non dicir nada como quen que toda vai ben...
Eso si, non lle din nada á persoa interesada; pero a noticia exténdese como o lume un día de vento.
Sábeno todos menos a persoa interesada.

Só as persoas máis próximas –moi poucas- están ó pé do canón.
¿Onde está a nosa solidaridade?
¿Gustaríanos sentirnos ignorados ante un caso así?
¿CANDO COMPRENDEREMOS QUE A PERSOA ENFERMA NECESITA MÁIS QUE NUNCA O NOSO APOIO, A NOSA PRESENZA, A NOSA AXUDA..?

Se chega o día do pasamento desa persoa, acudimos todos e moitos máis lamentándonos do boa que era e do moito que a queríamos.
¡EN VIDA, IRMÁN, EN VIDA!

-POÑÁMONOS NA PEL DUNHA PERSOA QUE SOFRE SOIDADE:
Aínda que pareza mentira, hai moitas persoas que padecen esta terrible “enfermidade”:
- Persoas que son ignoradas porque teñen moitos problemas: económicos, de saúde, vailles mal a vida...
-Persoas incomprendidas, que se senten soas estando rodeadas doutras moitas, incluso dentro do seo da propia familia.
-Persoas que se senten discriminadas por razón de sexo, de relixión, pola cor da pel, pola raza…
Cando as persoas están en boa situación socio-económica, están rodeados de amigos; pero cando caen en desgraza…
E SE ESO MESMO ME PASARA A MIN NA MIÑA PROPIA PERSOA…
¿COMO ME SENTIRÍA?
-Pensaría que esta vida non merece ser vivida así.
-Odiaría a sociedade de consumo.
-Sentiríame moi triste se a miña propia familia me ignorara.
-Senntiríame impotente ante todos e ante todo.
¡Que triste!
¡Canto sufrimento!
-¡CANTO ODIO DEBEN LEVAR DEBAIXO DA SOLAPA ALGUNHAS PERSOAS!
¡Canto engañamos outras que, aparentemente, parecemos boas!
¡CANTOS MALES SE PODERÍAN EVITAR SE CADA PERSOA VIRA NAS OUTRAS PERSOAS A SERES IGUALEMTENTE DIGNAS QUE ELA!
¿Cando comprenderemos esta verdade tan evidente?
¿Cando comprenderemos que todos - ricos, pobres, guapos, feos, brancos, negros…- temos un corazón que ama e necesita ser amado?
ESTES E OUTROS MOITOS MALES SON OS PECADOS DESTA SOCIEDADE.
Eso si: nesta sociedade falar de pecado é falar de algo moi raro, algo do que non queremos saber nada porque como nós non matamos nin roubamos…
SE HOUBERA POLAS RÚA UNHAS MÁQUINAS QUE DETECTARAN AS FALTAS DE AMOR, SEGURAMENTE AS CÁMARAS DE VIXIANCIA NON DARÍAN FEITO.
E se puxeran multa por cada falta de AMOR, seguramente non habería problemas cos fondos da Seguridade Social nin coas Pensións.
O PECADO MÁIS GRAVE É A FALTA DE AMOR.

Donde hai Amor, todo ten amaño menos a morte; pero ONDE NON O HAI; OS CADÁVERES ANDANTES ATÓPANSE EN TODA PARTES.
¡Que pena!

Este é o mundo no que nos desenvolvemos; pero é posible melloralo.
É posible melloralo porque existen moitas persoas boas cargadas de bos sentimentos que co seu grao de area son capaces de facer cousas maravillosas.

“PERSOAS QUE FAN COUSAS MARAVILLOSAS”
Vostede é –sen lugar a dúbidas- unha delas.
¡Parabéns!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES