A Mostra Folklórica Internacional de Viveiro - 2017
Timiraos, Ricardo - martes, 15 de agosto de 2017
A Plaza de Viveiro, ateigada de xente coma vai xa para corenta anos, viveu do tres ó seis de agosto, a trixésima novena edición da Mostra folklórica Internacional que se encadra dentro da programación das Festas Patronais.
Falar da Mostra en Viveiro é falar de arte, porque iste non é outra cousa que converti-la door en beleza para o disfrute das ialmas sensibles. As bestas só valen para pacer. E aquelas cancións que nacen na ialma, e aquelas pernas que brincan agarimando o ar, aquelos sorrisos ledos, aqueles movementos suaves e doces, outros feros e guerreiros, todos finos e acompasados, aquel navegar polo ceo nas olas das cancions
florecen nas xentes de tantos grupos que viven para amosar o mundo o cadro do seu mellor patrimonio. Maís de doscentos cincuenta grupos desfilaron por Viveiro nestes case corenta anos, o que reflexa con claridade que, cando un cre en si mesmo, como é o caso da súa directora Mari Carmen López (nós chamámoslle Mari Carmen Chipe),nila nace fogaxe para movilza-la xente, a forza de moitísimo traballo e milleiros de sinsabores ( pásalle igual na Semana Santa) e crear un grupo consolidado como hoxe é Bagoas da Tera. Unha canteira que vai desde nenos ata o xardín dos recordos como lle chamo ao camposanto.
E iste ano, a mai Mari Carmen quedou orfa de tres puntais da Mostra. A miña condolencia, amiga. Porque é certo que hai puntais e cachelas. Nise xardín do camposanto florecen os fermosos recordos de tres tres puntales da Mostra como foron:
María José Penso, a profesora de danza dos nenos e traballadora onde as houbera. Aínda recordo as moitas veces que me vendía o prato da Mostra para poder financiala. Foi durante moito tempo o relevo natural de Mari Carmen como fiel e verdadeira amiga. As nenas de Viveiro non a esquecerán. Desde aquí o meu pésame para as súas fillas, súa irmá Cruz, Juan e demáis familia.
O Moro. O Moro era Viveiro en home,¿verdade , miña Nilda? Dáballe a todo, desde a danza ata a batería, e tamén foi sindicalista e concelleiro. Sincero onde os houbera. Sempre fiel, valente e disposto a face-lo ben, chegou a ser primeiro bailarín. Il meteu a palabra parranda no diccionario. Seu irmau Toño aínda estes días andaba na faena.
Manolo do Reino, pai do meu sobriño o bailarín Darío, e avó de Alex Paz, xa xogador de fútbol no Viveiro, que este ano estrenouse na danza. Manolo, compañeiro da escola e de toda a vida, igual que o Moro. Cántas vivencias xuntos e canto cariño mutuo. Cánto leva traballado, como siguen a facer os seus fillos, por todo aquelo que levase o nome de Viveiro. Facede os tres unha quieimada no Ceo que seguro que vos rides un mogollón, alleos á nosa dor por tanta perda ¿verdade, Aurora e fillos? Ata o teu neto Jacobo, con catro anos, amosaba a tristura a criatura. O ceo fíxoo Deus para os bós e xenerosos, que a nosa voz entenden, como dí o noso himno.
Pois ben, superando a dor, a Mostra, maxistralmente presentada polo noso amigo e colega o director de Galicia Dixital, Xulio Xiz, a quen eu nomeo padriño da criatura polos méritos contraídos, pois se ben é certo que Mari Carmen é a súa mai, non menos certo é que tanto sacrificio de Xulio, é merecedor como mínimo de ise agasallo.
Digo, que Xulio presentounos as actuacións dos grupos internacionais, nacionais e local.
Bágoas da Terra é un colectivo grande, armonioso, onde cada un tén un cometido e no que se van producindo relevos xeneracionais fruto da mesma vida. Daí que o Concerto de Música Folk do día 4 sexa o reflexo da diversificación.
O grupo folk de Bágoas da Terra naceu dista semente como demostra o feito de que José Miguel e Lorenzo, fillo e xenro de Mari Carmen, sexan os gaiteiros. Máis, coma Viveiro é semilleiro de músicos (estes, profesores de distintas institucións) engadiron, ademáis de bombo e tamboril, outros instrumentos como zanfona, acordeón, guitarra
o que lles permite interpretar música tan variada como boleros, rumbas, ata os máis clásicos da nosa cultura. A verdade é que é un pracer escoitalos e que xa actuaron en moitos lugares de sona.
Por detrais está hoxe a labor calada de Francisco Fanego, Cruz Penso, Pipo, Toño Docampo, Manolo Paz ( fillo) e un mogollón de persoas, que xa non coñozo pola idade, e que son o relevo daqueles: Pili Albo, Pepito Chipe, Bety, Juan Soto, Maria JoséPenso, o mesmo Moro, Nilda, Navarrete, Miquiné( José Mari Gueimunde), a súa sobriña Mariña, as primas dista
e moitos máis aos que sinto non nomear, porque o seu traballo altruista merece sempre o apaluso das persoas agradecidas.
Seguide pois, meus queridos Mari Carmen e Xulio, como representantes dista marea de Bágoas da Terra, sementando no cor distes chicharrilños, como lle chamo a esa isa chivaniña de nenos coma Miguel, Carlos, Darío, Jacobo, Ángel, Os miquineses(nas túas nenas tamén, Xulio)
,sementando, digo, os nosos soños. Soños que han prender nises tenros corazóns porque xa sabedes que, quen sementa soños de amor, recolle colleita.
Apertas garimosos e eterna gratitude.

Timiraos, Ricardo