Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voar todos!

martes, 12 de junio de 2007
Enterámonos agora que Galicia ten cincuenta e seis heliportos e aeródromos, sobre os que a Xunta vai asumir competencias. Esto, sen contar os aeroportos de A Coruña, Vigo e Santiago, que se consideran de interese xeral e sobre eles conserva o Estado a plena autoridade.

Catalunya e Valencia xa teñen normativa vixente sobre este tipo de instalacións, mentras que Galicia terá que creala para pode funcionar con normalidade.

Miramos no mapa para ver onde están esas instalacións que non coñecemos, e non identificamos, xa que a maior parte pertence á rede de emerxencias 112, urxencias sanitarias, extinción de incencios ou instalacións deportivas.

Pretendese que ese descoñecemento desapareza, que as súas funcións evolucionen, e o que hoxe é efectividade minoritaria se complique, se fomente actividade aeronáutica e sexa explotada comercialmente. Que cada un dos 56 puntos de referencia aérea sexan outros tantos puntos de impulsión industrial da Galicia do futuro.

Ateigadas como están as comunicacións terrestres, ahí está o ceo libre para ser invadido con iniciativas viaxeiras de corto radio que, sen dúbida, producirán riqueza e animación. Ámbalas dúas cousas, son interesantes. A voar todos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania