Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Relax de Balneario

de Guizán, Antón - sábado, 12 de agosto de 2017
Chegou o verán e un dos maiores activos turísticos da Chaira, o histórico balneário de Guitiriz, está pechado. Si a pésima xestión das instalacións polo seu proprietário Andrés Conde Medín levou ao desastre económico, o corte do grifo do crédito leva agora a unha situación que non só perxudica ao negócio hosteleiro, senón tamén a todolos negócios de Guitiriz, proveedores, empregados, familias e á imaxe da vila e da comarca. A villa dos cartos do balneário, pecha moitas tuberías coas institucións paralisadas ou incapaces de solucionar un problema que transcende a unha mera crise de empresa.
A Banca (ABANCA) principal proprietária da débeda, está máis preocupada por facer caixa que de solucionar un problema que perxudica a grande número de clientes, cando con calquer venta quedarían sobradamente cubertas as perdas, situación aínda menos comprensível cando todos sabemos que calquer impago nun aluguer ou hipoteca ocasiona desafiuzamentos. Non se produciron presións institucionais dabondo ás partes implicadas a pesares do dramático da situación e das mobilizacións, que como mínimo devería levar a unha retirada masiva das contas neste banco co concello e a deputación á cabeza. Guitiriz co balneário pechado, INGEMARGA en crise, o parque empresarial convertido en cidade pantasma e o rural en proceso de desmantelamento necesita das institucións para algo máis que festas e asfaltados de estradas. O balneário é unha mostra da sequía económica da zona e urxe volver a abrir os grifos, pasar do relax do balneário ao relax no balneário. Así sexa.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES