A necesidade tamén educa
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 10 de agosto de 2017
Son unha persoa que lle gusta aprender das persoas que vai atopando polo camiño a vida.
Todas me ensinan moito:
-AS PERSOAS NECESITADAS ENSÍNANME A TRABALLAR ONDE SEXA CON TAL DE PODER APORTAR UNS CARTIÑOS PARA O SOSTEMENTO DAS SÚAS FAMILIAS.
Moitas destas persoas especialmente mulleres e nais de familia- son extranxeiras que se gañan a vida como EMPREGADAS DO FOGAR NO NOSO PAÍS.
Admiro a súa capacidade de sacrificio para acomodarse a outras familias, a outros costumes, a outra lingua, a estar lonxe dos seus
¿Qué pensamentos pasarán pola súa mente?
Todo a cambio de poder mandar para o seu lugar de orixe os seus aforros.
A min paréceme que teñen moito mérito.
Pasan a mellor parte da súa vida, lonxe dos seus.
¡Que forte ten que ser eso!
-AS FAMILIAS NUMEROSAS, TAMÉN ADOITAN SER MOI RICAS EN VALORES:
-Desde a máis tenra infancia, teñen moita autonomía persoal.
-Os pequenos, aprenden dos maiores.
-Saben relacionarse con persoas de tódalas idades e condicións.
-Son sociables. Teñen moitos amigos.
-Tódolos membros da familia son moi importantes desde os bebés ata os anciáns.
-Saben compartir o que teñen.
-Son xenerosas e abertas.
-Á súa mesa sempre aparece algún extraño e sempre é moi ben acollido.
-Adoitan ser bastante felices.
¿Bonito, verdade?
ESTAS FAMILIAS FANME RECORDAR OUTRAS nas que:
-A infancia pon mil reparos á hora de comer.
-O egoísmo prima sobre o altruísmo.
-As capacidades de renuncia e sacrificio brilan pola súa ausencia.
-Malgastan máis do que gastan e nunca teñen abondo.
-Seleccionan as persoas coas que relacionarse por motivos socio-culturais.
-Teñen de todo e aínda non están felices
¿POR QUE SE DAN TANTAS DIFERENCIAS?
As razóns poden ser tan variadas como as persoas, pero por norma xeral está a MESTRA DONA NECESIDADE
A necesidade é un factor que pesa moito na educación das persoas.
No mundo que nos rodea atopámonos con moitas perosas que polas circunstancias que sexa non imos entrar en detalles- vense obrigadas a adaptarse a condicións de vida moi dura.
Deberíamos concienciarnos do valor que teñen esas persoas.
Teñen os mesmos sentimentos que as que tivemos máis sorte na vida.
Sofren moito e moi silenciosamente.
Moitas veces son incomprendidas, cando non son ignoradas.
¿Qué pasaría se por un tempo- nos vestíramos coa súa pel?
BOTÉMONOS A IMAXINAR.
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora