Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chamando ao poder

viernes, 08 de junio de 2007
García Díez chama a Orozco: Pepe, temos que falar, porque non é xusto que tendo ti a lista máis votada teñas que depender da terceira e estar supeditado a eles os mil catrocentos días do mandato.

Xa, Joaquín, e que fago?. Porque non creo que vaiades estar caladiños estes catro anos se goberno en solitario.

¡Seguro que non!, pero penso que é moito máis o que nos une ca o que nos separa, e a unión cos nacionalistas paréceme contra natura, aínda que teñas que dicir que o anterior goberno conxunto foi “marabilloso” para a cidade. É máis: Se te asocias con eles, é o mesmo que se o facemos nós.

Sí, home, pero eles non van querer nada convosco.

A saber, ó mellor levabas unha sorpresa. Vos e nós somos partidos nacionais, e Galicia é unha autonomía e chega. O idioma está ben, se o usamos xunto co castelán. Imaxínate o que podería ser un pacto á alemana para Lugo. ¡Daríamos a campanada!.

¿E como llo explico a Blanco, que vos ten atravesados?.

Tería que tragar o primeiro día, só un día, mentras que co Bng vai ter que tragar, día a día, catro anos.

A conversa é apócrifa, por desgracia. Vale para Lugo, e para moitos outros sitios máis. Non chaman. Pero pensalo, seguro que o pensan. Ou deberan.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania