Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

...e nós implorando por el!

martes, 08 de agosto de 2017
Logo de ver as cafradas que andan a organizar os antisistema cataláns metidos a gobernantes suburbiais e a matóns de barrio cando non gobernan e que se fixeron especialmente explícitas no ataque ó xa famoso autobús turístico barcelonés, leo na prensa nacional sesudos reportaxes que abondan en datos sobre o número de turistas que se achegaron a España ó longo do ano pasado, sobre o gasto por visitante e sobre a incidencia que este sector ten no Producto Interior Bruto do país, que seica supera xa o 11%, lonxe do que pode aportar por el só calquera outro sector económico. Sesudos e documentados reportaxes que teñen como obxectivo o de reflexionar sobre se se están facendo as cousas ben ou non na xestión deste sector, envexado -hai que dicir de paso- polos países do resto do mundo.

Mais de 75 millóns de turistas estranxeiros seica é a cifra contabilizada o ano pasado. Número que, polo visto, está xerando unha preocupante saturación en determinados lugares do país, fundamentalmente nas zonas tradicionais de turismo de sol e praia, así como nas grandes áreas urbanas, e que máis alá das burradas suburbiais dos devanditos antisistema barceloneses, seica comezan a incomodar preocupantemente á poboación deses lugares, ademais de ós responsables institucionais dos mesmos, razón pola que non só non vou poñer en dúbida esas reflexións, nin sequera as medidas coercitivas ou fiscalmente reparadoras nas que andan a cavilar alcaldes, alcaldesas e responsables turísticos en xeral, senón que me dispoño a deixar escrita en letra impresa a miña humilde opinión ó respecto.

Comunidades coma as Illas Canarias ou as Baleares e unha boa parte do Mediterráneo son as que acusan especialmente esta problemática, fundamentalmente porque o turismo planificado desde os tempos de Fraga Iribarne, é un turismo temporal, que xera unha economía de fervenza (en catro ou cinco meses as empresas do sector gañan o suficiente para manterse todo o ano) e, polo tanto, unha man de obra tamén temporal e en moitos casos sobre explotada (horarios 12 ou 14 horas nos meses punta), que loxicamente provoca desequilibrios na economía estatal.

En Galicia o paradigma ten nome e apelidos, como é Sanxenxo e as Rías Baixas, onde –por certo- tamén xa comeza a haber problemas de tal calado.

E fronte a todo isto, outros lugares coma a provincia de Ourense en xeral e a miña vila de Celanova en particular non facemos outra cousa dende que nos erguemos ata que nos imos deitar, ca implorar porque ese sector económico se asente de vez nesta terra raiana coa despoboación e poña a andar de contado unha economía tendente á inanición.

Que onde está a solución? É posible que se pregunte arestora. Pois no turismo cultural e de natureza sobre o que escribirei noutrora e que, coma aquel estado do Brasil, nós aínda temos en pelotas.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES