Á Beira do Camiño -Pan compartido
Mato, Xesús - viernes, 08 de junio de 2007
COMPRE erradicar a fame. Todas as fames. Comezando pola física. Somos quen de facelo, xa que multiplicamos pans e peixes. ¡A comida! Temos dabondo para os 6.300 millóns de humanos da Terra. Só falla dar o outro paso: repartila e compartila.
840 millóns de famentos e 1.500 sen auga potable esperan do rico mundo de Occidente faga real o outro milagre (tamén posible) de sentar na mesa da irmandade á familia humana completa. E nas mesas das escolas aos 500 millóns de nenos/as sen escolarizar.
A festa do Pan compartido (Corpus) é símbolo da festa dos pobres. A da esperanza, do futuro que esperan (¡e teñen dereito!) os pobres. Unha forte e urxente chamada aos que rebordamos de comida, para decidírmonos a facer real a xustiza. Os dereitos humanos son universais. As oportunidades tamén deberían selo, dinnos desde Cáritas. As diferenzas económicas Norte/Sur, ricos/pobres son abismais. Poñen á luz a cruel inxustiza do mundo acaparador do que vostede e mais eu somos parte. Unha vez máis o G-8 ven de regalar promesas (case sempre incumpridas) de 60.000 millóns para enfermos de África. Esperamos non se queden no camiño e/ou .
Que a Unión Europea multe por exceso de produción e pague por abandonar terras para non baixar prezos e medre o negocio é a meirande das inxustizas. Insulto ao ser humano e hipocrisía. Dar pan aos famentos esixe transformar estas estruturas inhumanas.Para mudalas fai falla o cambio da mente/corazón. De nada serven laios senón facemos algo para mudar este mundo. Somos cómplices senón arrimamos as costas empezando pola casa. En Lugo tamén hai fame. Diso falaremos o próximo domingo, día da Ofrenda.

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora