Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O fermión de Majorana

viernes, 04 de agosto de 2017
Non me estraña nada que ao lector este título lle soe a “chino”. Vou intentar que, polo menos, podamos os dous entendernos no esencial. Se non son capaz de facilitarlle unha comprensión compartida, este modesto artigo serve de pouco. Empecemos considerando que a materia consta de partículas, que coñecemos como átomos, e estes de outras moi pequeniñas, e moitas virtuais, que, xenericamente, se designan co nome de partículas subatómicas.

Pero, se acudimos a coñecida coma “física das partículas”, encontrámonos cun físico da Escola de Roma, Ettore Majorana, que afirmou que no grupo de partículas chamadas “fermións”, integrado polo protón, o neutrón , o electrón, o neutrino e o quark, tiña que haber partículas que son as súas propias antipartículas, é dicir, que se destrúen a si mesmas. Pois ben, segundo parece, un equipo de científicos descubriu probas suficientes dunha partícula que é a súa propia antipartícula. E se aos físicos este descubrimento lles pode servir para construír ordenadores cuánticos, permítanme que eu o utilice, cunha arrogancia que evidencia a miña inmodestia nesta materia (pola que rogo desculpas), na análise socio–política.

Confeso que son un maniático das analoxías; pero penso que a dinámica social, principalmente no ámbito político, tampouco é remisa nas ofertas. E eu respondo a elas case inevitablemente, pois vexo no seo das sociedades actuais FERMIÓNS DE MAJORANA, sen necesidade de empregar os esforzos dese equipo de científicos que descubriron probas de existencia abondo dunha partícula que é a súa antipartícula. Naturalmente, vostedes terán que perdoarme a falta de rigor científico, pois mentres eles tiveron que obter un illante topolóxico supercondutor, “á través do cal os electróns se desprazan sobre a superficie material sen resistencia algunha”, para descubrir que esas partículas de Majorana, SE RETEÑEN E CAMBIAN DE DIRECCIÓN, SEGUINDO OS PULSOS MAGNÉTICOS MARCADOS POLOS INVESTIGADORES, no meu caso asegúrolles que son ben visibles na superficie das estruturas socias e políticas, seguindo os propios impulsos magnéticos, e separando das confusas traxectorias aos investigadores rigorosos que se interpoñen.

Poderíamos tomar como un excelente exemplo ao Sr. Presidente de EE.UU., D. Trump; pero, se os temos na casa, aforramos o esforzo de saír ao estranxeiro. Pois..., quen se atrevería a negar que D. Pedro Sánchez non entraña aquí en España un bo modelo da partícula de Majorana con esa admirable capacidade de destrución de si mesmo que posúe?. Consideremos algúns exemplos de evidencias auto–destructoras, nas que emerxe un baleiro de competencia.

A propósito dunha visita a Barcelona, despois dos pródigos e rituais abrazos co Sr. Iceta (PSC), facendo alusión a insuficiencia das leis para resolver o “problema catalán”, e baixo os entusiastas efectos da DECLARACIÓN DE BARCELONA!!!, instrúenos D. Pedro de que SE BASTARAN AS LEIS GOBERNARÍAN OS XUÍCES, NON OS POLÍTICOS. Ignorar que os señores xuíces só sentencian aplicando as leis que fan os políticos xa é dun escolar pouco avantaxado; o que ocorre é que o traizoou a súa condición de partícula de Majorana presente no seu subconsciente, cos desexos de intervir nas mesmas competencias dos xuíces!. Tanto el como D. Pablo, aló nos cadanseus arcanos, son antipartículas sociais de si mesmos en versión teomórfica, que xa é complicado, por ser o camiño polo que entra o poder destrutor inconscientemente en todos os impregnados de egocentrismos, que expanden aos países nos que prometen imaxinarias solucións, en premas infantís.

Pero a xoia do sanchismo de D. Pedro está nesa concepción de España como PLURINACIONAL, NACIÓN DE NACIÓNS, unha construción na que aínda non nos explicou que entende por “nación”, por máis que este galimatías encerre unha complexidade que sen dúbida descoñece, porque, segundo parece, a SOBERANÍA que el atribúe (di!!!) a España implica a SUFICIENCIA CONSTITUCIONAL da mesma, é dicir, A NACIÓN-DE (nacións) é máis que o mero conxunto das que quere pasar por “nacións-de” a NACIÓN ESPAÑOLA, que, en virtude desa suficiencia constitucional, cada unha delas non é un elemento integrado NO conxunto, senón un elemento DEL, DE ESPAÑA. Xustamente por isto, a semántica dos termos que utiliza encerra unha perigosa imprecisión, e máis cando o mesmo D. Pedro insiste (lembren o apuro de Andalucía) na igualdade das nacións integrantes, malia que non sabemos en que sentido.

Non obstante, segundo Adriana Lastra (a súa voz feminina), todo isto, acordado no Congreso Federal de Xuño, É DE OBRIGADO CUMPRIMENTO (o sintagma, en voz enérxica, corresponde a linguaxe de Maduro). Pero..., cando, como, en virtude de que competencias?. Claro, como falta a argamasa federalista, as autonomías teñen que aceptar as parvadas dun incompetente secretario dun partido, aprobadas nun congreso, e constituírse en “nacións” baleiras de soberanía e estado. De verdade cre D. Pedro que, en vez de buscar unha solución ao problema catalán antes do 1-O, non intenta catalizar outro en cada autonomía?. Que miopía, señores/as!!!. E ten presa de esnafrarse na escalinata da Moncloa!.

Restablezan, con todo o imperio da lei, sen excluír a praxe necesaria, empregando os medios adecuados, o sosego a España, e nun clima de tranquilidade, abran un proceso de reflexión para adecuar a Constitución ás esixencias dos tempos, sen apuros nin impertinencias, evitando facelo nun contexto no que impera un non sempre disimulado espírito vingativo, de avesas intencións. Non repitan ensaios fracasados, coa innovación dunha cobertura lingüística. Moderen os comportamentos e pensen que a evolución cultural da Política ten que estar sempre presidida pola razón, como nos ensina a mesma natureza, que, corrixindo os erros que se poidan producir na súa dinámica evolutiva, vai deixando un regueiro de respostas racionais ao través dos tempos. Malia que, con paradoxo, tamén aquí a nosa ignorancia insiste en perturbala.

Evitemos, converternos en “fermións de Majorana”, en antipartículas sociais destrutoras de nosoutros mesmos, e deixemos que esa realidade cuántica tan misteriosa e metafísica, cos seus arrepiantes enigmas, nos impoña a cordura necesaria para non descarrilar na realidade persoal, como o espazo adecuado para abeberar nas augas da humildade.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES