Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Temos moitas necesidades

jueves, 03 de agosto de 2017
Aínda tendo boa saúde, moitos cartos e unha boa posición social; hai persoas que nunca están satisfeitas.

Todos coñecemos persoas que gozando de boa saúde, aínda se queixan de vez en cando.

Tamén coñecemos persoas que teñen moitos cartos, pero tampouco están satisfeitas, porque hai cousas que non se poden comprar con cartos.

E sabemos de persoas que gozan de boa situación social, pero algo vai mal na súa vida familiar ou na súa vida interior.

Aínda tendo cubertas as necesidades básicas, hai quen se queixa de que non é feliz.

Aparentemente parece que non teñen razón para queixarse, pero no fondo seguramente teñen os seus motivos.
¿Por qué tantas queixas?

Porque os humanos temos moitas, moitísimas necesidades:
-Necesitamos ter boa saúde, eso o primeiro.
-Necesitamos ter un bo traballo, ou polo menos ter traballo.
-Necesitamos: apoio, cariño, comprensión, aceptación sentírmonos queridos e valorados….

-NECESITAMOS TER BOA SAÚDE, PERO NON DURA SEMPRE:
Cando temos unha pequena cousa que se cura cun xarope ou con antibióticos, a situación é transitoria.

Pero cando se trata de algo importante; cáesenos o mundo encima.

Cáesenos o mundo encima cando nos pasa na nosa propia persoa ou en alguén moi próximo; daquela sabemos o valor da vida e o valor das relacións coas persoas que nos rodean.
UNHA DAS NECESIDADES IMPORTANTES QUE TEMOS É RECOÑECER E AGRADECER O QUE A VIDA GRATUITAMENTE NOS DÁ:

-Agradecer o feito de despertar con vida e con con tódolos órganos en funcionammento.
¡Ese é o milagre da vida!
-Agradecer o feito de estar rodeados de persoas que nos queren e nos cuidan.
-Agradecer o feito de gozar dunha sanidade pública que vela polo noso benestar.
-Agradecer a educación.
-Agradece-los servizos públicos…
-Agradecer todo eso e moito máis que tan a miúdo se nos pasa por alto cando a vida nos sorrí.

-NECESITAMOS TER UN BO TRABALLO, PERO NON SABEMOS VALORA-LO QUE TEMOS.
¿QUÉ PASARÍA SE O PERDÉRAMOS?

Recoñeceríamos que tódolos traballos teñen as súas dificultades, pero todos nos permiten levar a mellor calidade de vida que podemos.

Saberíamos poñer en valor o traballo que temos, porque é do noso traballo de onde sae o noso alimento, o noso vestido, o noso calzado, a nosa diversión….Boa parte do que disfrutamos.
NECESITAMOS ACOMODAR A NOSA MENTE Á NOSA SITUACIÓN PERSOAL PENSANDO QUE É A MELLOR QUE TEMOS.

Somos nós mesmos quen ten que facer ese labor.
Na nosa mente está a solución.
É unha aprendizaxe persoal que non se ensina en ningunha escola.

-NECESITAMOS: APOIO, CARIÑO, COMPRENSIÓN, ACEPTACIÓN…
Claro que os necesitamos, e moito, pero…
Na medida en que apoiemos ós outros, apoiárannos a nós. NECESITAMOS APRENDER A ABRIR O NOSO CORAZÓN PARA APOIAR.
Na medida en que sexamos cariñosos, recibiremos cariño. ANTES DE RECIBIR, HAI QUE DAR.

Tamén necesitamos que os demais nos comprendan, porque nós “somos como somos”.
Os outros, tamén son como son.

NECESITAMOS APRENDER A SER MOI PRUDENTES.
Somos moi dados a xulgar, esquecendo que para eso están os xuíces.

As persoas hai que aceptalas como son, cos seus máis e cos seus menos.
¿Quen sabe o que faríamos se estiveramos no seu lugar?

Se botamos un vistazo á moitas das persoas do noso entorno, decataríamonos de que a necesidade, tamén educa

“A NECESIDADE EDUCA”
Este será o título do seguinte artigo.

Antes de despedirme, permítame que faga unha reflexión persoal: “AS PERSOAS QUE VIVIMOS MEDIANAMENTE BEN, TEMOS NECESIDADE DE VALORA-LO NOSO BENESTAR E DAR GRAZAS TÓDOLOS DÍAS A DEUS, Á VIDA, Ó UNIVERSO, A QUEN SEXA; SEGÚN AS CRENZAS DE CADAQUÉN”

Tamén teño que darle as grazas a vostede por ler esta humilde reflexión miña.
Quédolle moi agradecida.
Profundamente agradecida.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES