Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sentidiño

miércoles, 02 de agosto de 2017
Meus avós ensináronme que o sentidiño é ese xeito de ser e estar que procura non molestar aos alleos e falar de boas formas buscando sempre o beneficio mutuo. Co tempo decateime que nese sentidiño me estaban transmitindo dous valores fundamentais: a asertividade e a interdependencia.

Despois, na escola aprendín que a prensa é libre e imparcial. Aínda que, ao decatarme de certas cousas vin que a imparcialidade non era tal, seguinlle presupoñendo “sentidiño” pero vendo certos titulares e declaracións é difícil manter tal suposición ao destilar unha intencionalidade claramente posicionada.

Isto non é negativo: habendo liberdade de expresión e prensa o periodista elixe para quen escribe e o ouvinte ou lector a perspectiva dende a que quere ser informado; podendo optar pola unilateralidade, a bilateralidade ou a multilateralidade.

O problema vén cando o posicionamento leva ao insulto e ao desprezo á contraposición. Este problema agrávase cando dito desprezo incita ao odio refuxiándose na liberdade de expresión e vólvese un problema social cando difama ou denigra conscientemente a certas persoas ou colectivos.

Vendo isto xurde o medo e con el unha incerteza: despois de todo o conseguido, estaremos perdendo o sentidiño?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES