Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entrega de diplomas na Uned Senior de Momán

miércoles, 02 de agosto de 2017
O curso 16/17 da UNED Sénior remataba coa entrega de diplomas en Momán.

O acto contaba coa participación de representantes dos Concellos que teñen implantadas aulas da UNED Sénior e remataba con música e un xantar de confraternidade.
Entrega de diplomas na Uned Senior de Momán
O alumnado da UNED Sénior da Coruña recibía os diplomas do curso académico 2016/2017 nun acto que se celebraba en Momán.

Representantes dos municipios de Monfero, Rianxo, Lousame, Paderne, Rois ou Xermade xunto a Miguel, que se desprazaba desde Madrid, participaban nesta xuntanza na que agradeceron aos 200 asistentes "o seu entusiasmo e esmero por facer posible unha obra social tan importante, como son estes cursos de diversas e variadas materias, na que Carme Freire, enxeñeira agrícola, imparte clases de agricultura ou cociña, entre outros".
Entrega de diplomas na Uned Senior de Momán
A presentación corría a cargo do coordinador da UNED Sénior e párroco de Xestoso, Luís Ángel Rodríguez Patiño. "Non os nomeo , de entre centenares de persoas, por ser máis importantes, pois todos os corazóns daquela gran sala, son iguais en espírito. Iguais en forza de vontade, Iguais na perseveranza das ganas de vivir. Corazóns cheos de empatía. Corazóns latexando harmonía e amizade. Corazóns inundados de alegría. Corazóns que bombean entusiasmo e ilusión. Todos, teñen o mesmo obxectivo. Corazóns recios, pintados co agarimo da fraternidad do compañeirismo. Corazóns genuinos. Pura cordialidade".

Logo da entrega de diplomas celebrábase unha comida amenizada pola banda de música dos alumnos e alumnas da propia UNED Senior Coruña.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES