Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A rula da política

viernes, 08 de junio de 2007
Nos portos mariñeiros teñen un moi orixinal sistema de venda de pesca, que leva funcionando moitísimos anos, quizais séculos, e permite o contacto directo do pescador e do comprador, a través do especialista que efectúa a rula.

Trátase dunha subhasta ó revés. Porque as subhastas habituais empezan fixando un precio de partida, e os interesados na poxa ofrecen cantidades máis altas ata que queda un só ofrecendo, que é a quen se lle adxudica o lote que se subhasta.

A rula é precisamente o contrario. O rulador canta un precio e, desde ahí, vai baixando cantidades imperceptibles, céntimos se acaso, ata que algún dos presentes berra “meu!”, e quédalle adxudicado o lote.

Estes días, en Galicia estanse a celebrar moitas rulas para ver quen se queda co lote. O poxador, normalmente, é parte interesada e empeza por proclamar que quere o ouro e o mouro, sen que ninguén pretenda a súa participación.

Van baixando as cantidades, as áreas de poder, os cometidos, as dedicacións exclusivas, as concelleirías remuneradas... ata que alguén di polo baixiño “meu” e establécese unha coalición. PSOE e BNG, esta rula fana en negociacións privadas, sen luz e moito menos taquígrafos. É a rula da política.

Mira que teñen paciencia os votantes!. Porque se cada quen vota pola súa forza política segundo as crenzas e o leal saber e entender, ¿cómo poden xustificarse logo xuntanzas de enemigos aparentemente irreconciliables?.

A rula non ten acepción de persoas. O que acepte a maior cantidade, é o propietario do peixe, con arreglo á principal norma de que “Quen chifre, capador”.

Así e todo, se é triste para o pescador someter o seu esforzo á prosaica tasación da rula, tamén é penoso que a honrada e responsable función de votar se vexa logo envolta na rula da política, puro comercio sobre os nosos ideais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES