Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E logo din que o diñeiro non ten cor!

Editorial - jueves, 07 de junio de 2007
Os billetes teñen cor, claro está, mesmo para diferencialos entre sí. Sempre tiveron cores diferentes os dos diversos valores para evitar confusións. Pero cando se di que o diñeiro non ten cor quere significar que non ten querencia, que vai para calquera, que unha vez entregado queda en paradeiro descoñecido, que non corresponde a ningún estamento social nin político.

Pero os usos ou costumes asígnanlle ó diñeiro unha cor – branca ou negra – segundo sexa diñeiro legal ou ilegal, declarado ou non declarado nas contabilidades ou nas declaracións da renda.

O Ministerio de Economía e Fachenda ven de facer un estudio sobre os arrendamentos de vivendas en Galicia, do que resulta que o 54% se paga en diñeiro negro, o que supón un fraude de 71 millóns de euros á Axencia Tributaria.

Non somos os peores con ese 54 por cento, senón dos mellores. Entre outros, supérannos Murcia co 76,6%, Extremadura co 77,9% e Ceuta e Melilla co 82%. A media do fraude en España está no 60,53%. E falamos somente do campo do aluguer de vivendas.

Pode moito a tradición de fraude que vivimos durante tantos anos. Pode moito aínda eso de percibir determinadas cantidades en diñeiro que non hai que declarar, que todo é beneficio, que non figura en ningún lado, que ninguén vai reclamar.

É cousa de tempo, de convencemento, de cultura democrática, de que os organismos correspondentes vaian informando, vixiando, corrixindo e sancionando, de maneira que todos entremos no camiño legal.

O diñeiro ten cor. Pero hai que conseguir que o negro, como nas modas, “non se leve”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES