Teñamos os himnos en paz
Editorial - miércoles, 06 de junio de 2007
Nas escolas dos anos cincuenta ensinaban que o Himno Nacional español (non había outro Himno) tiña por letra a de Gloria a España / Alzad los brazos, hijos / del pueblo español,/ que vuelve a resurgir!/ Gloria a la Patria / que supo seguir /sobre el azul del mar / el caminar del sol.
Posiblemente era de Pemán. Ou a saber. O certo é que na actualidade o Himno interprétase con banda e gracias. Xa só se reserva para actos de milicia e para competicións deportivas.
Antes, tocábase nas festas populares das aldeas no momento de alzar, na misa solemne. Agora, tócase o Himno galego.
O Cómite Olímpico Español quere poñerlle un novo texto, e non fai máis que destapar o frasco das esencias seculares. Como cando hai anos se pretendeu cambiar o Himno Galego por En pé, de Cabanillas, cantado por Juan Pardo.
Os himnos cantados son moi comprometedores. Ahí está o Himno Galego proclamando (Pondal escribiuno) que os ignorantes,/ e féridos, e duros,/ imbéciles e escuros,/ non nos entenden, non, pero como os tempos son chegados/ dos bardos das edades / as vosas vaguedades /cumprido fin terán., e a nosa voz pregoa a redención da boa/ nazón de Breogán.
Se o Himno dos gallegos de lluvia y calma é deste xeito, ¿qué letra non podería chegar a ter o Himno da brava nación española?.
Teñamos os himnos en paz, e restrinxamos o uso a actos moi especiais. Que estes non son tempos himnóticos, e os deportistas o que teñen que facer é adestrarse e poñer cara solemne cando gañen e sone o Himno, como se á Patria lle fose no tema algo moi importante.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora