Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos nos necesitamos

jueves, 27 de julio de 2017
Cada día que pasa, comprendo mellor que existan pecados capitais; aínda que hoxe en día falar de pecados, parece que non está de moda.

Non está de moda, porque non queremos recoñece-la nosa realidade.
Hoxe fálase máis de corrupción, que vén sendo o mesmo.

Chámeselles como se queira; pero:

-¿GÚSTANLLE A VOSTEDE, AS PERSOAS SOBERBIAS?
A min: nada de nada.
Pero estoulles agradecida.
¿Por qué?
Porque me ensinan a ser cada día máis humilde.

-¿PRODÚCENLLE ADMIRACIÓN AS PERSOAS FANFARRONAS?
A min ninguna. Ata me resultan molestas.
Pero cando as comparo coas sencillas; quédome coas segundas.

-¿ENCÓNTRASE BEN CUNHA PERSOA QUE PASA A VIDA LOUBÁNDOSE DO MOITO QUE ACAPAROU E DO POUCO QUE CONSEGUIRON OUTRAS?
Eu penso para os meus adentros:
¿De que che vale ter tantos cartos se non tes tempo para gastalos?
Un día ou outro, deixarás todo aquí.

-¿SÉNTESE BEN CANDO ALGUÉN MIRA PARA VOSTEDE POR RIBA DO OMBREIRO PORQUE TEN MÁIS BENS E MÁIS PODER QUE VOSTEDE?
A min paréceme que cando alguén presume de ser superior ós outros, O QUE TEN É UN COMPLEXO DE INFERIORIDADE XIGANTE.
A persoa que está a gusto consigo mesma, non ten este tipo de necesidades.

-¿PÓDESE ENCONTRAR A GUSTO UNHA PERSOA CANDO ESTÁ RODEADA DE PERSOAS QUE ESTÁN SEMPRE DE MAL HUMOR, PERSOAS QUE NON ESTÁN A GUSTO CO QUE TEÑEN, PERSOAS QUE NON ESTÁN FELICES CONSIGO MESMAS…?
Eu encóntrome moi incómoda e danme lástima porque penso:
¿Por qué non valorarán todo o positivo que teñen na súa vida?
Outras persoas, con moito menos, amañámonos.

¿É AGRADABLE ESTAR CUNHA PERSOA QUE TEN ENVEXA DO QUE TEÑEN AS OUTRAS OU QUE SE MOFA CANDO A OUTRA LLE VAI MAL A VIDA?
¿Non, verdade?
¡Qué pena!
Esas persoas son moi infelices porque se comparan coas outras e non están conformes nin co que teñen nin coa súa maneira de ser.

¡POBRE DA PERSOA QUE SE SINTA INFRAVALORADA POR ESES MOTIVOS!
Algunhas persoas deste estilo, téñoas atopado no camiño da vida; pero –afortunadamente- NON SON DAS QUE VAN NO MEU CARRO Á MISA, con di o refrán.

Tamén me teño atopado con persoas de corazón moi humilde, con persoas xenerosas, con persoas moderadas, con persoas que celebran o ben alleo, con persoas solidarias…; independentemente das súas riquezas materiais.

Estas persoas do segundo grupo son persoas que se esmeran en medrar espiritualmente ó mesmo tempo que medran en bens materiais; pero dando prioridade os primeiros.
A MIN, AS PERSOAS DO PRIMEIRO GRUPO, QUEDANME “GRANDES”:
AS DO SEGUNDO GRUPO, NAMÓRANME.
A vostede… ¿Pásalle algo parecido?

¿Non se pode dar o caso de que unha persoa fanfarrona teña que depender dunha humilde?
Se hai persoas moi ricas é porque tamén as hai pobres.
Refírome a persoas ricas e pobres en bens materiais.

O normal é que convivamos todos en harmonía de xeito que todos poidamos ter unha vida digna.
Nin todos podemos ser ricos, nin todos pobres.
Ten que haber de todo.

Se foramos todos iguais, seguramente que tamén habería problemas; porque ONDE HAI PERSOAS, HAI PROBLEMAS; pero trátase de resolvelos entre todos da mellor maneira posible.

A min paréceme que:
“NESO CONSISTE O VERDADEIRO MISTERIO PARA QUE O MUNDO SE MANTEÑA EN ABSOLUTO EQUILIBRIO”.
Seguramente será esa a explicación de que haxa de todo na viña do Señor.
En calquera caso: TODOS NOS NECESITAMOS.

Todos, absolutamente todos, nos necesitamos porque temos moitas necesidades.
“TEMOS MOITAS NECESIDADES” será o título do seguinte artigo que escribirei –D.m.- por se algunhas persoas queren compartir comigo un anaquiño do seu preciado tempo.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES