Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á margem de todos os rostros

martes, 25 de julio de 2017
A poesía sempre ten esa tenrura e suficiente atractivo para ollala e mais sentila desde varias achegas e proclamar as súas dádivas que alimentan a nosa sensibilidade. Quen lea a poesía protexida por Inez Andrade Paes, autora de Á margem de todos os rostos, un poemario de recente estrea, concordará que a revelación que se desprende deste libro, revela o ático Á margem de todos os rostrosalcance reflexivo con que se conmemora a palabra e o silencio, dous itinerarios posíbeis que nos guían cara a transcendencia da utilidade do verso. O clamor do verso ten na poesía de Inez varios apousentos, en secuencias amorosas, nas dinámicas paisaxes, tan vivas como sorprendentes de Lemba (Mozambique), onde Inez naceu e habitou ese fulgor de transhumancias dos pletóricos bosques, ríos e de tantas outras materias que o continente africano nos ofrece e tantas veces ignoramos ou desprezamos.

Neste libro de Inez Andrade Paes consolídanse elementos vitais das coordenadas que se manifestan en toda a súa poesía anterior e concernente a esa totalidade de espazos poéticos tan activos como suxerintes. Versos para pensar, meditar, construír e para conspirar, se calla, contra as incertezas e as irreverencias que certos “poetas” que mostran as súas imperfeccións e extravagancias. Neste libro hai versos que nos mostran o camiño certo dunha construción que reanima o ánimo para rehabilitarnos no concerto poético, como sinalan os seguintes versos: vogo muito do silêncio / em que a memória se desnuda.

O itinerario que nos traza Inez Andrade Paes, en súas nobres descubertas, fainos reencontrar coa pureza dunha poesía pensada para que o lector a escudriñe no eido da metafísica e na sintonía que Aristóteles manifestou no seu libro: “Poética”. A presenza e a contundencia aristotélica, neste tipo de poesía, confírmanos a tendencia de reter a palabra do verso enteiro e ben integrado nunha composición que nos adianta outras adherencias da perfección compositiva, que fica exenta de pompas e artificios e, totalmente alleas a novismos e vaguidades que certos poetas utilizan por falta de diálogo coa poesía.

Inez Andrade Paes, felizmente, está noutra dimensión formativa da composición formal e na mensaxe que emite a súa autodeterminación, cando se trata de ausentarse dos tópicos que atentan contra a verdade e a autenticidade da poesía que ela trata. A poesía é verdade, como resposta para manter viva as incontinencias existenciais, mais contaxiosa liberdade expresiva. Nesta dirección, convén dicir que À margem de todos os rostos é un libro non só para ter contentamento na súa lectura, tamén implica unha busca gradual para encontrarnos con ese poderío creativo que exerce esa persuasión que a autora nos gradúa, implicándonos nunha poesía emerxente e humanista. Pode que o maior suceso deste poemario sexa a confirmación, unha vez mais, dunha poeta integrada na modulación dunha poética sensíbel e de investigación vital para non terxiversar os elementos dunha oferta poética especial, tanto no campo material como no espiritual. Un libro e unha autora para conmemorar ese fulgor de respiros que determinan un proceso nítido e unha ruta trazada por Inez Andrade Paez, tan integrada nos tons e nos sons da lusofonía.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES