
A cifra da temporada lúdica no país fala de cinco mil. Cinco mil festas para rezar, para comer, para revivir a historia ou para bailar. Hai máis de cen que gozan de interese turístico, pero todas poñen cor ao verán galego. Galicia revive ancestrais tradicións xunto a grandes eventos da modernidade musical.
Aquí todas as festas teñen un denominador común: serven para divertirse e para pasalo ben. Incluso en moitos destes festexos prima a exaltación gastronómica.
Ao longo do ano celébranse en Galicia outras moitas festas tradicionais. Unhas de contido etnográfico, outras para recrear a historia; incluso as hai que nos recordan vellos costumes campesiños e ancestrais ritos de incerta orixe.
Pero é cando chega o verán, cando os galegos nos movemos. Imos de festa en romaría e de romaría en verbena.
Hai citas para todos. Porque Galicia se resiste a que morran as súas tradicións, pero si importou novos modos festivos nos que se escoitan especialmente os sons da Terra.
E desenvolveuse unha gran creatividade á hora de organizar eventos lúdico-culturais, que acaban por ser os preferidos da xuventude e os máis concorridos.
Hai festivais consolidados, como o de Ortigueira, con especial atención ao folk. Outros de rock, como Viveiro. E hainos que buscan ser alternativos a través de todas as artes
Toda esta transformación lúdica é un motivo máis para non perder Galicia
un verán máis.