Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡A mil por hora!

viernes, 01 de junio de 2007
Mil visitas por hora. Venres, primeiro de xuño, oito e media do serán. Bótolle unha ollada ás estatísticas de visitas a Galicia Dixital no que vai de xuño.

É moi doado os primeiros días de mes, porque os contadores reflicten globalmente as visitas, e dan cada hora o total do día. O resto dos días, dan o promedio do que vai transcurrido do mes.
Mido a diferencia entre as sete da tarde e as seis: 927 visitas.
A diferencia entre as oito e as sete: 912 visitas. ¡Case mil por hora.!

Que fermosa actividade esta que permite saber que en Galicia Digital entran cada hora case mil persoas, daquí e daló, de calquera parte do mundo. E así de día e de noite, porque a fin de contas cando aquí en Galicia é de noite, nas infinitas Galicias que hai polo mundo pode estar anoitecendo, ou amencendo, ou lucindo o sol.

¡A mil por hora!. Dame vértigo saber que cada minuto entran nas nosas páxinas dezaseis internautas. Que cada tres segundos, alguén teclea www.galiciadigital.com.

Non se me ocorre máis que dicir “Gracias, amigos”, no nome de todos os que formamos parte desta casa. Dos que estamos deste lado porque, á velocidade de mil por hora, mil novos internautas se incorporan a esta casa, con tanto dereito coma nós.

Cada día somos máis. Gracias de novo, por confiar en nós para coñecer mellor Galicia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES