Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inmigración cualificada

viernes, 01 de junio de 2007
Preocupa o tema da inmigración nun país que sabe moi ben de que vai o tema despois de producir centos de milleiros de emigrantes no decurso dos últimos séculos.

Rematou a emigración galega, voltan emigrantes ou os seus parentes, e recibimos cada vez máis inmigrantes.

A situación real, coñecida moi parcialmente ou descoñecida, debera divulgarse entre os galegos por pura tranquilidade da cidadanía.

Efectivamente, dentro da Comunidade Autónoma, existen algo máis de 35.000 inmigrantes, que non parecen moitos ó ser pouco máis do un por cento da poboación galega.

Pero os inmigrantes non son ningún problema. Porque non é un conxunto inamovible, senón que ten a súa propia dinámica, e algo máis dun once por cento (uns catro mil) son propietarios de negocios ou están dados de alta como autónomos, polo que non só son galegos coma nós senón que tamén son emprendedores, xerando riqueza e postos de traballo.

Temos así unha imigración que se integra de xeito total e rexistra importante actividade, unha inmigración cualificada que non se diferencia moito dos habitantes autóctonos, e dentro destes dos galegos xeradores de emprego. Haberá que telos en conta.Haberá que telo en conta.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES