Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Panaceas nun pasquín

miércoles, 19 de julio de 2017
O outro día atopei no meu coche un pasquín que anunciaba a un tarotista capaz de adiviñar pasado, presente e futuro.

Tamén solucionaba problemas de saúde, amor e diñeiro ademais doutro tipo de problemas. Podo dicir que tiven na man a chave da ledicia plena e cometín a temeridade de deixala caer. Isto quere dicir que todo o que me pase a partir de agora é miña responsabilidade pero, como xa estou afeito a asumila día a día, a temeridade cometida non tivo efectos aparentes.

Non crendo nestas cousas hai que recoñecer que o pasquín ofrecía un garante ao adiviñar o pasado e o presente. Se falla aí, o lóxico é que a persoa se levante e se vaia a fume de carozo sen deixar un céntimo.

Lendo o anuncio veume á cabeza a idea de que constitúe un xeito de medir a nosa autoconfianza persoal e colectiva. Sentíndoo moito polo anunciante, creo que nunha sociedade culta e cunha alta autoestima non tería futuro de tal xeito que só podería adiviñar o seu propio pasado.

Quizais teñamos que construír un soño novo cunha sociedade íntegra, crítica e solidaria na que ninguén procure panaceas nun pasquín.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES