Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis de mil mulleres nos concellos de Galicia

jueves, 31 de mayo de 2007
Como corre perigo de pasar desapercibido este dato, facémolo constar aquí: 1.154 concelleiras tomarán posesión dos seus cargos nos 315 concellos de Galicia, despois de ser elixidas o pasado día 27.

Supoñen arredor do 34 por cento dos concelleiros de Pontevedra, o 32 da Coruña, o 27 de Lugo e o 24 de Ourense, redondeando os datos. Globalmente, son o 30 por cento dos 3.847 concelleiros galegos. Como na pasada lexislatura había 789, o incremento é do 46 por cento, aumento notable na presencia da muller nas nosas institucións municipais.

Cremos que é unha boa noticia. Porque a muller en Galicia ten dado abundantes mostras de traballo, de sacrificio, de iniciativa... e de “sentidiño”, palabra que quizais non ten traducción a ningún outro idioma pero nós, os galegos, sabemos moi ben o que significa.

A nosa vida municipal, a nosa vida política en xeral, precisa de tranquilidade, traballo, altas miras, responsabilidade e moitas outras cousas máis. Cremos que as mulleres poden aportar moitas destas características, virtudes ou manifestacións nos concellos de Galicia.

Máis de mil mulleres nos concellos é unha noticia que nos reconforta a todos. E seguro que o seu traballo se ha notar para ben de todos nós. ¡Que todo vaia ben, e que aumente!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES