Nostalxia do Carme
Fernández, Suso - lunes, 10 de julio de 2017
Toda celebración entrañable ten un compoñente de saudade que fai que a festa se viva con sabor agredoce, ó mesturarse a ledicia do acontecemento cos sentimentos que afloran marcados, sobre todo, por irreparables e doorosas ausencias: diso saben moito as xentes dos nosos pobos de mar, onde tantos homes perderon a vida, moitos dos que nen os corpos se recuperaron.
As características propias da actividade e o alto risco da mesma e, polo tanto as tráxicas vivencias ó longo dos tempos, fan que as festas do Carme resulten emotivas e nostálxicas.
O mar de Foz rexistra como a sua maior traxedia histórica ó remate das festas do ano 1945: o Jesús Nazareno que voltaba de faenar da pesca do bonito faufragou, perecendo os doce homes que formaban a tripulación.
O xornalista e escritor don Xosé Trapero Pardo, que durante 67 anos veraneara en Foz, publicaba en El Progreso, un reportaxe que comezaba: El bello pueblecito pesquero, al que defienden de los embates del mar, los islotes y acantilados del Campo e Ramos y la avanzadilla de la Pena do Escairo, vivió una vez más horas de tragedia porque el Cantábrico, que en vano intenta cerrar el paso a los marineros de Foz con el peligro siempre perenne, pero siempre nuevo de la barra, se cobró su tributo, millas adentro, en horas angustiosas de galerna. Y el mar, guardador celoso de tantos secretos trágicos, guarda hoy el de la desaparición de la embarcación.
En el Campo de Foz- cuadrilátero que agrupa las vivienda de los pescadores se esperó en vano el retorno de la lancha y de sus hombres. Pero el Jesús Nazareno no podía ver ya los guiños de los faros de Tapia, Vares, San Ciprián, Ribadeo. Y hubo en el puertecito pesquero llanto en los ojos y duelo en las almas
Foz quedou, naqueles tempos miserentos, asolagado de tristeza. Por moito anos a traxedia, coa morte de doce focegos, populares e queridos,0 que deixaban unha longa ristra de viúvas, fillos, noivas, familiares e amigos, pesou como unha lousa na nosa sociedade.
Hai do sucedido 72 anos. Unha rúa, pretiño da Ribeira, perpetúa a lembranza da traxedia.
(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora