Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reconciliarnos coa política e cos políticos

martes, 29 de mayo de 2007
Municipais no 2007, Xerais e Europeas en 2008, Galegas no 2009... Esto é un sen vivir. Navegamos en permanente axetreo electoral e como agora as campañas curan catro anos, temos que agardar ata 2010 para ter un ano relativamente tranquilo, e eso xa o veremos.

A nosa vida política precisa tranquilidade e repouso. Pero non se albisca por ningún lado a posibilidade de que nos tranquilicemos colectivamente. Eso que seguro que a forza maioritaria é a dos galegos que non pertencemos a un partido político aínda que como é lóxico teñamos claro o noso ideario, que ven coincidir en parte con tódalas forzas políticas porque o sentidiño é bastante común na nosa xente, mesmo nas teorías que difunden os políticos.

Unha boa solución sería xuntar algunha das citas electorais. Se as eleccións Xerais coinciden coas Europeas, as Municipais xa coinciden coas eleccións autonómicas en boa parte do Estado. Sería un xeito de acadar tranquilidade durante un tempo, para que os políticos pudiesen dedicarse a traballar co mesmo repouso.

En tanto conseguimos tranquilizarnos, xuntemos eleccións ou apousemos os ánimos, asumamos os resultados destes recentes comicios, que tantos estratos removeron e tanta revolución armaron.

Que os antigos confirmados e os novos entronizados gobernen con xeito e consigan reconciliarnos coa política e cos políticos. É moito pedir, pero sería ben fermoso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES