Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Os bens da Igrexa (I)

lunes, 28 de mayo de 2007
A riqueza da Igrexa é incalculable. A maiores dos bens de orixe/esencia sobrenatural (fe/sacramentos, non avaliables) abondan na cultura e no social (medibles e avaliables).

A Igrexa foi a primeira mestra na formación humanística (herdeira das culturas grega, latina e oriental) e influíu no desenvolvemento cultural e económico de Occidente. Dous mil anos, con logros e lagoas, deixan pegada.

Iniciamos este tema, que pode ser o principio dun debate público para todos os que queiran participar e compartir as súas ideas, con algúns detalles que creo interesantes. O diario “La Voz de Galicia” exerceu, case en solitario, de testemuña fidedigna do feito e acontecido nas “Xornadas de Protección do Patrimonio Cultural da Igrexa” que organizou a Diocese de Lugo e dirixiron técnicos da D. Xeral de Patrimonio (Consellería de Cultura, Xunta Galiza) a derradeira semana.

Participaron un cento de cregos de Lugo e de Mondoñedo, implicados no tema. O 80% do Patrimonio artístico e cultural da provincia de Lugo está nas mans das dioceses. Por enriba das discusións da titularidade, a protección e conservación destes monumentos (“¡bens de interese cultural!”) debe ser unha obriga compartida polos poderes estatais, autonómicos e locais, xa que son bens de incalculable valor relixioso, histórico, artístico e cultural. Han de ser protexidos, conservados e restaurados. Fan falla medios.

A Igrexa soia, sobre todo no rural, non é quen de soster este labor/servizo. Catedrais, mosteiros, templos e capelas, cos seus obxectos de culto (altares, sagrarios, imaxes, cálices, cruces) arquivos parroquiais e diocesanos, museos e bens da entorna precisan de accións conxuntas. Non abonda con leis, normas ou sancións. Fai falla a colaboración e mesmo un compromiso formal de parte dos poderes públicos.. Xa se está dar o que u¡quere dicir que estamos no bo camiño. (Volveremos sobre o tema e invitamos a opinar, compartir ideas e a participar activamente).
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES